Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.525 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre as pasadas eleccións


A conta dun pequeno escrito que rematei días atrás, dous conxuntos de números sobre as pasadas eleccións.

O primeiro, os votos que costou cada concelleiro a cada partido:

redondeando, BNG, 4 concelleiros a 482 votos cada un

PP 4 concelleiros a 454 votos cada un

PSOE 3 concelleiros a 510 votos

UPRi 2 concelleiros a 450 votos

O segundo, con cantos votos terían podido obter os mesmos concelleiros se os demáis partidos non tiveran variado o seu número de votos:

BNG, 1531 (396 menos dos que sacou)

PP, 1815 (284 menos)

PSOE, 1157 (301 menos)

UPRi, 771 (228 menos)

Co que vemos patente algunha curiosidade sobre o método de reparto chamado ‘d’Hondt’, pois mentras que o partido que empregou máis votos en cada concelleiro foi o PSOE, ó que menos votos lle sobraron foi á UPRi, ambos os dous partidos menos votados, por iso de que o método favorece ós partidos máis votados en detrimento das minorías.

As táboas para facer as contas poden verse nas entradas correspondentes (aquí, aquí ou aquí, por exemplo)

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *