Hoxe está prevista a toma de posesión da nova directiva de ACISA, e tamén hai un pleno interesante. O que pasará en ACISA está previsto dende hai tempo xa; o que pasará no pleno, é previsible alomenos en parte, e máis dada a nota de prensa que ligo. Está claro que a variación proposta para o regulamento do hospital polo BNG non se aprobou. Non se di nada da aprobación da outra alegación presentada, a do Tesón, pero na nota de prensa entendo que tampouco se aprobou. Do POL, só di que se enviarán alegacións correspondentes co PXOM e de acordo con dito documento, que non se sabe na actualidade nin por onde vai nin que se está a facer con el. E despois do pleno? Pois ó mellor se sabe algo das alegacións enviadas…