Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

20100315, pleno (e IV)


a terceira parte e agora, a última.

Punto 4 da orde do día, Ordenanza Municipal de protección contra a contaminación acústica.

Interviu primeiramente UPRi, que reservou a decisión do seu voto para unha nova rolda. Lembrou Francisco Rivas a súa intervención no 2001 na ordenanza municipal que trataba entre outros o tema do ruido, cualificou a ordenanza que se presentaba como extemporánea e aludiu a que deberan existir zonas de especial sensibilidade acústica.

Despois falou Balbino Pérez polo PSOE, que anunciou o seu voto contrario, cualificou a ordenanza fóra de lugar, lembrou e xactouse de que existan dous implicados do seu grupo (el mesmo, un deles) nun auto xudicial relacionado co tema e que pode supoñer a inhabilitación para cargos públicos, e dixo que non houbera comunicación co sector afectado.

O PP dixo estar de acordo en que é necesaria unha OMPCA, pero que lle estrañaba a premura para a aprobación (a lembrar que a aprobación primeira foi anos atrás, coa votación favorable dos grupos) e que non entendía por que tiña que ser máis restritiva que a regulación autonómica. Cualificou asemade a orde de inaplicable, lanzando a proposta de que quedara sobre a mesa, unha análise da clasificación e unha nova letura para axustarse á normativa.

O BNG acusou ós outros grupos de xogo de cálculo electoral no momento por riba do interese xeral de Ribadeo (a sala estaba con moitos propietarios de locais), lembrando que ACISA non alegou, e que a ordenanza proposta ven sendo copia de outras, ademáis de non entender como quen a propuxo no seu momento e non introduxo ningunha proposta nas alegacións, votaba agora en contra.

Na segunda rolda, Francisco Rivas xuntouse á opinión de que tería moitos problemas para aplicarse, e comentou de pasada que tampouco pasaba nada por pagar unha indemnización mínima (60 €/mes, polo momento). Seguiu asemade unha pequena serie de intervencións sobre estratexia política e a non actividade durante un ano (dende a anterior tentativa de presentación no pleno)

Houbo un receso de 5 minutos despois do que o equipo de goberno decidiu por coherencia política non retirar a presentación da ordenanza, e na votación, o antedito resultado de 4 a favor e 9 en contra.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *