14/07/2008, 20:00h Todos os concelleiros presentes.
No punto 2º tratouse da revisión de diversas facturas, habendo preguntas polos 750€ de custe de envío do boletín ‘ribadeo Muller’, os 6175€ de reproducción de Ribadeo virtual (do que se parou a publicación de vistas virtuais na prensa por queixas da oposición, se mal non lembro, e que foi referido neste blog), ou os 580€ de anuncio en Galicia Dixital, efectuadas (entre outras) por Francisco Rivas, os 1500€ do pago de comidas cando a visita da escola de música de Mirandela, e a próroga do contrato a un administrativo para a explicación do PXOM o mes ampliado, que xerou algo de polémica entre Balbino Pérez e o alcalde ó non ser constituída aínda a Xunta de Portavoces para a súa aprobación.
O punto terceiro foi unha dación de contas relativa á cesión por Fomento dos tramos urbanos da 634 e 642, xunto co millón de € para adecualos a ser pobo efectivo, 370000 o próximo ano e o resto no 2010. Van ser uns 4,6km en total, e incluirán beirarúas, luminarias, mobiliario, o soterramento de colectores de lixo e pasos de peóns, pode que tamén unha pasarela no Voar.
4. Adhesión á carta de Aalborg+10, con unanimidade.
O punto quinto tratou sobre a implantación dun núcleo de sostenibilidade, tamén con unanimidade (necesitábaa), aínda que foi criticado por ser pouco elaborado o proxecto. Despois realizarase a oferta pública de emprego para ter a axencia local correspondente.
o 6 tratou da petición dunha área de rehabilitación integral (ARI) para Rinlo, que logrou unanimidade despois de clarificar un par de puntos.
7. Expediente de licencias de 1ª ocupación. Todas con informe favorable.
8 Moción do PP sobre enerxía eléctrica, para variar a ‘tarifa eléctrica social’. O argumento estaba en que no sector agrogandeiro as explotacións teñen en xeral o mesmo contador que a casa, mentras que o límite posto para a tarifa é de 3,3kW e é superado con moito. así, pretendían pedir a variación total do proxecto ou como mínimo a variación do límite de 3,3 a 5,5kW. UPRi e BNG apoyaron, mentras PSOE acusou o tema de carga demagóxica. Neste punto aboandoou o pleno JC Andina.
9.Mocíión de UPRi para poñer transporte gratuíto á guardería (0-3 anos), a traverso da solicitude dunha axuda e/ou a asunción polo concello. PSOE posicionouse a favor e PPe BNG econtra, ambos con argumentos semellantes: non ven acompañado dun estudo, teñen horario flexible, o que implicaría varias rutas sucesivas, esixiría moitos coidadores ó ser algúns esmo bebés, haberíaos que pasarían moito tempo no bus para a idade que teñen, e é preferible poñero énfase en aumentar as prazas, a parte da responsabilidade que entranaría para o concello. A parte, no actual transporte 3-11 anos para os alumnos do pobo do Gregorio Sanz, os pais pagan 22€/mes. UPRi alegou que hai autobuses adaptados, que a única diferencia con outros é que son máis pequenos, que sobre que a demanda non esteña asegurada pódese facer unha enquisa, que xa hai pobos que o teñen e que representaría unha oferta diferencial de Ribadeo. A partir de aí a cousa enturbiousecon acusacións e comparacións, ata chegar á votación, na que foi rexeitada.
10.Rogos e preguntas.
UPRi: Parece ser que houbo calefacción na biblioteca no mes de xuño.
Piden limpeza da praia das Catedrais e rotondas (Fomento).
Piden a regulación do tráfico en Rinlo. Propoñen un sentido único, por exemplo. Iniciuse una controversia, pois estase a esperar o permiso de Rede Natura para facer un aparcamento preto do peirao, que solucionaría o aparcamento no centro de Rinlo e diminuiría apresión do tráfico. Se non se recibe a próxima semana a autorización, trazarase unha alternativa.
Pregunta polos créditos de libre configuración das xornadas de MA: hai palabra oral, posta en dúbida por UPRi, quedando en enterarse. Créditos para o profesorado: queda tamén o concelleiro de MA de enterarse.
Pide o remate das obras en S.Lázaro/Deputación: están mirando as grietas nas casas, facendo un estudo que se remitirá o xacobeo, quen paga as obras.
Denuncia que non foi realizada a convocatoria do pleno para lexitimar as baixocubertas. O importante aquí non é a causa, senón a acusación do alcalde a Rivas de amiguismo cos construtores: “defensor de causas escuras”. A cousa saiu dun retraso segundo o acordado (Rivas) desmontado polo alcalde co acordo na man: antes teñen que resolverse os expedientes e pagar as multas resultantes.
Denuncia charcas nos pasos elevados (pasos de peóns con resalte á altura das beirarúas) na R. Pintor Fierros.
Adecuamento de setos na zona de San Miguel.
PSOE: Denuncia que r/Julio Lazúrtegui é receptora da auga de lavar a pza. de S. Roque.
Outra vez a baixada a rocas brancas fastidiada: que algún técico supervise como se fai a obra. (entre luns/martes, TRAGSA reparará)
Petición de supervisión de cargas e descargas na vila para non entorpecer o tráfico.
Denuncian que esteña a obra parada na rúa Vilalba.
Denuncian na praia de os Bloques cans, cagallóns e que estivera o acceso cortado por unha escavadora, a parte de que a baixada principal esteña en moi mal estado, así como que vallas do Parque do Mineral leven algún tempo tiradas.
Pregunta polo gasto a conta do concello no campo de fútbol de A Devesa: +-40% de 100 000€.
Pregunta sobore como é posible o convenio coa USC sobre Augas Santas, con cartos, se non está feito o presuposto: é un contrato menor, que non está informado por intervención.
Colocación de bancos en zonas privadas: no ‘eucaliptal de dona Elisa’ (fronte ó forte de San Damián). Haberá que rectificar o sitio. Piden bancos tameń para a zona do asilo. A resposta é que se preguntou e se considerou que é unza zona estreita de beirarúa, pero se hai acordo, non hai problema en poñelos.
Aparcamento nos terreos de amigos da gaita (r/Alfredo Deaño) hai un acordo verbal: o convenio está por asinar.
PP:Carga/descarga: o problema é únicamente en Alimerka
Denunica obras no verán na praia de Augas Santas. A resposta: comezou xa enmarzo, pero aínda non rematou.
Hai baches na estrada municipal costeira a Rinlo. Seguiu unha longa descrición da loita contra COPASA, a autora neste caso, e FCC, OHL e outras no caso da autovía, no que neste momento está cortado o acceso a un vial ós camiós da obra mentras non se deposite unha fianza.
Piden que baldeen a esquina do teatro, urinario público na fin de semana.
.. e quedan as respostas ás preguntas de O Tesón, fóra do pleno.