Hai veces que a historia recolle casos de patos feos, que non ían coas circunstancias, para descobrir que noutras circunstancias, tiñan moita máis valía. As eleccións están correndo, e pode pasar ‘case’ de todo.
De calquera xeito, non está de máis lembrar que non se poden facer abstraccións e vivir deso. A máis dun ano de ‘Ribadeo falls‘, séguense a ver en Ribadeo, mesmo en sitios céntricos, como este espectáculo no bar ‘Cubano’, en plena praza de España, á beira dunhas obras que merecían abonda menos présa.
Unha visita polos blog renovados os últimos días dános posibilidades para afondar no anterior, en relativa abundancia. E tamén novas lembranzas de Hernán Naval, por exemplo, mentras a ‘casa das letras‘ segue coa recensión de libros, … e supoño que a xente segue a votar. Voltaremos sobre o tema das votacións en menos de 24 horas.