Facendo unha pequena revisión sobre os blog que teño enlazados relacionados dun ou outro xeito con Ribadeo, comezo por unha entrada graciosa: a que representa unha estatística de mortos debidos a Deus e ó diaño segundo a biblia. Outra entrada, esta de aviso sobre o que será un acontecemento cultural en Ribadeo, a primicia dunha novela de Farruco Graña.
Remato co blog sobre a vida política e social de Ribadeo. Ten uns cantos post que non teño referidos aínda, entre os que están a serie sobre o incumprimento das promesas eleitorais do PSOE (vai na nº 8 do decálogo), pero hai outros títulos: ‘Cuando la vergüenza se pierde’, ou ‘Las trampas y los tramposos’. Calquera deles, para ler y comentar.
As fotos, para ilustrar do estado actual da obra cantón/parque, incluído a propaganda, que é o máis importante segundo que criterios. Por certo, en relación ó cartel, e considerando o tamaño das ‘colaboracións’ que se anuncian, como será a distribución de cartos e os intereses xerais?