Din que España non está aínda (ou está nos postos de cola) na sociedade da nformación. así, mentras que os blog estraron xa de cheo na campaña electoral I de Bush, aquí non aparece nin un dos partidos na campaña electoral Balbino II (bo, é un dicir, porque xa estivo con anterioridade no goberno municipal e ademáis din que pintan bastos para que volte saír alcalde). Pero a esto, á falta de blogs ou páxinas informativas e demáis dos partidos, hai que engadirlle que o primeiro candidato que aparece na lista de Google cando se mira ‘Ribadeo’ sexa Paco Rivas, e ademáis, a conta das páxinas do Concello, que el comezou tempo hai. Para comprobalo, só hai que poñer en Google a Ribadeo e fixarse no que pon na terceira entrada: o que se pode observar na captura de pantalla adxunta.
A parte da anécdota anterior, de que Balbino e Fernando lle esteñan facendo propaganda a Francisco, parece que os candidatos teñen un certo desprezo polos votos que poda dar internet: ó fin, moita xente que vota non ten acceso a internet, e moita xente que si o ten non pasaría polas páxinas dos partidos. Ademais, como ninguén en páxinas, tampouco se vai saber o efecto de telas ata outras eleccións nas que si se teña, porque o que teño claro e que a cousa está o caer, e non pasará moito tempo dende que un candidato teña páxina web ata que os outros reaccionen. Como máximo, unhas eleccións. Acepto apostas.
Por certo, podería vir o Ostedijk a Ribadeo cando se complete a cerrazón do porto? É un porto moi tranquilo…