Onte foi en Mondoñedo, coa declaración xudicial, e hoxe no mesmo parador ribadense, onde haberá unha presentación de candidatura (PsoE) ás 12 e media hora antes, rolda de prensa do aínda concellero de facenda. Mellor, cambiar de tema.
O que pasa é que o tema parece repetirse hoxe, coa rotura dun radar fixo en Cervo, vandalizado, ou o ataque contra o Cepesma en Luarca, destrozando as instalacións, ou o roubo de chalés en Ribadeo…
Mellor discutir se os actos culturais ribadenses perden ou non público, aínda que sexa outra metedura política contra unha actividade que máis ou menos se considera inocua, exceptuando que agora se di que tomou un ‘xiro nazonalista’, e de aí o ataque. Será nazonalista, pero a cultura está de capa caída (polo menos na asistencia de público) xa dende hai tempo, dende (alomenos) cando se comezou a promocionar en Ribadeo, que eu lembre.
Pero seguen as novas, e podemos cambiar a outro tema: un tractor coa súa carga ardendo (na realidade, parece que ‘botaba fume’, o que é diferente en canto á nova. En fin, que virá Fitur nos próximos días como nova, dalgún xeito ou outro: mirar ó exterior pode serás veces un respiro, porque parece que alí as actuacións se ven na distancia e polo tanto, cunha perspectiva mellor.