Onte o pleno estivo vacío, pero non pola falta de público (3 persoas), nin pola falta de Santiago, esperada por moitos, nin pola do alcalde, senón pola ausencia de contido. Nun pleno ordinario, que ademais foi posposto unha semana, había tres puntos, entre eles, a aprobación da acta anterior, outro de trámite e rogos e preguntas… nos que o tenente de alcalde anunciou que cría que non debía responder pola falta do alcalde, nin a oposición nin ás asociacións de veciños (a dicir que O Tesón dirixira as súas preguntas ó portavoz socialista). Pouco houbo que dicir nun pleno que non durou máis de 5 minutos, incluídas as queixas da oposición, coa petición de trasmitirlle ó alcalde que ‘deixe de tomar o pelo aprazando plenos sen motivo’, ou a petición de que ‘os plenos se enchan de contido’.
Sen máis comentarios.
Serviría de algo a petición de que os plenos se encheran de xente? Seguramente si, se se dera o resultado de que a xente se presentara efectivamente…
Unha última nota: esta antrada vai etiquetada tamen como ‘educación’, pois considero que é unha falta dela o que orixinou un pleno como o de onte.