Privatizator (ler ‘privatizéitor’): Neoloxismo. Individuo ou entidade adicada á privatización. Traducible ó galego e ó castelán por ‘privatizador/privatizadora’.
Como ilustración, as fotos acompañadas dunha cita, ‘Os muros separan máis que protexen’ (Thierry Paquot, ‘Los muros del miedo’, Le Monde Diplomatique, ed. española,) e dun post anterior, ‘Privatizando Ribadeo’
Ó fin, os reis magos si que parece que trouxeron algo: as barras. Faltan as estrelas para unha célebre bandeira, pero o telescopio segue baixo chave municipal, incumprindo convenio, polo que de momento non haberá estrelas acompañando ás barras que xa están: peche sen posibilidade de acadar o ceo.
As fotos amosan a división que se está a levantar en Mirasol, dende dentro, e mirando Castropol entre barrotes.
Remato con outra cita do mesmo medio: ‘a explotación non procede da presencia de capitalistas privados, senón en xeral da división (…) entre os que deciden todo e os que non fan máis que obedecer’. Esta cita merece unha entrada a parte, e espero que a teña, pero estamos en Reis… vai de agasallo para pensar, por exemplo a relación entre privatización e explotación, ou se realmente non é privatización o que se está a facer en Mirasol, ou o caso que se fai por parte do alcalde á Mesa de asociacións… (xa dixen que necesitaría outro post máis)