O dito non aclara que pasa coa xente á que lle fan perder a noite e a mañá seguinte. Polo sistema de proporcionalidade, non se recuperarían ata que pasaran dous días. E eso foi o que me pasou a min entre a noite e a mañá de onte, co que saldarei contas a finais do día de hoxe… outra xente fará o mesmo, ou aínda máis, pero por voluntade propia.
Hoxe van catro fotos de Ribadeo ben diferentes: a primeira, unha especie de curiosa contradición illa o cartel de ‘refuxio de fauna’ máis aló do valado, á beira do cacho desprendido que xa tivo o seu cabodano, con lixo preto e cunha ría cada volta máis agredida. O segundo, a parafernalia para por fin coidar do mirador do cargadoiro (última pintada xeral, cando se fixo…). As outras dúas son do mexadoiro público que parece haber en Pasarón y Lastra, onde se ve o regueiro de mexo que baixa e unha parte do mexaoidro co regueiro. Esta, sen máis comentario, que xa é abondo ilustrativa.