Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A sociedade da información en Ribadeo, 2ª parte



A casualidade fixo que onte me tropezara con dúas mostras, unha por parte de cada un dos ‘grandes partidos’ teóricamente en contra do outro) que van no sentido de aproveitar a informática con fins eleitorais. É dicir, non exactamente no bó sentido que propuña para Ribadeo, senón máis ben en sentido contrario. Nun dos exemplos, ábrese un blog para recadar cartos para Esperanza Aguirre a raíz dunhas declaracións súas onde maís ou menos dicía que lle costaba chegar a fin de mes (parece que gana un 8000 mensuais). No segundo, chegoume unha presentación na que emprega os argumentos de cesión de impostos a Cataluña para tentar de facer boicot ós cataláns. Ámbolosdous son enxeñosos, e a base que empregan coido que é verídica. O que se constrúe encima é propaganda á contra, destrutiva, non construtiva… como preferir, prefiro construír, aínda que sexa en boa parte a base de aproveitar cousas previas que sairían en parte destruídas. Non poño ligazóns para ver os exemplos, pero se alguén quere velos, pásolle ligazón e presentación.
Onte confirmoume José Mª Rodríguez que a foto da p. 61 do libro de Suso Peña corresponde a unha árbore nas Aceas que fai de sitio de acollida para aves, que tentamos fotografar e así o fixemos, pero nesta época non van: é a árbore que aparece na imaxe como máis saínte sobre as Aceas, fotografada dende a zona do muo cara á ría. Esperemos que non perigue polo tema no candeleiro estes días do paseo ata as Aceas, algo que veu sumarse ó que corresponde ó castro das Grobas.
De repaso do ano pasado por estas datas, ‘de novo en agosto’. Tamén pode vers, do ano pasado, de hoxe e de moitos anos atrás, posteada por Mariano Grueiro unha foto atemporal.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *