Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A sociedade da información en Ribadeo



Din os expertos que en España estamos retrasados nesto da sociedade da información. Despois de facer onte un repaso de novas en relación a Ribadeo noutros blog, ocórreseme que un síntoma dese retraso é que ata agora non aparecera ningún blog de partido de cara ás próximas municipais. Nas presidenciais dos EEUU xa tiveron repercusión non nas últimas, senón nas anteriores, e incrementous de xeito natural nas últimas. Por eso, como medio de información, non viría mal que os partidos comezaran a tomar en consideración o uso do blog. a un blog dun partido coido que non lle sería dificultoso (sen facer trampas na contabilidade como fai algún por aí) acadar unha taxa diaria de visitas maior ca que ten este blog, e que coa redifusión boca a boca pode chegar ben ata unha cantidade de xente superior á necesaria para obter un postos no pleno. Pode argumentarse ademáis aquelo de ‘quen da primeiro, da duas voltas’. E cónstame que polo menos nalgún partido teñen xente para facelo.
Outra cousa sería a calidade dos blog correspondentes. Está claro que cando falo de que os partidos poden ter blogs, tamén é posible que os usen para atacar ó contrario en troques de aportar o seu, por exemplo, e eso sería unha continuación perversa da política actual por outros medios, cando o convinte, baixo o meu punto de vista, sería unha política máis aberta, comunicativa e que contara cos veciños, pois para algo se poden deixar comentarios (moderados ou non) nos blog: para aportar novas ideas. E está claro ademáis que o seu uso tamén ten algo de pescadilla que se morde a cola: mentras non se comezan a usar nun sentido, non teñn usuarios, que ademáis provocan un mior uso nese mesmo sentido…
Non sei se deixei claras as ideas que quería, pero en fin, o tempo dirá, e si teño claro que a medio plazo aparecerán blogs de contido estritamente ou maioritariamente político.
A foto, as aceas con marea mediaada. Unha foto parella descubrina onte no libro de Suso Peña.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *