Parafraseando ‘o noso pan de cada día, …’, ás veces parece tan necesario para a persoa atoparse con novas ideas (ou vellas ideas expresadas dun novo xeito) como comer. Aí van algunhas que me atopei hoxe, a persoa citada e a entrevista ou artigo:
“Eu vexo que a tentación da política non é tanto mentir canto aburrir, ata que se produce o desinterese” Amelia Valcárcel, unha ‘filósofa en combate’. Parece algo do que tenta pasar en Ribadeo a pouco que se despiste a xente, e aquí é doado ese despiste.
“En democracia o poder político é relativo. Ten uns límites e só se volta ilimitado cando a propia sociedade réndese e entrégase.” “… pois non temos comunicacións. As que concetan a outros puntos da península e Europa fóronnos negadas polos sucesivos gobernos dende os anos 80 e seguimos a esperalas, ‘…’ Nin siquiera é nosa a a única arteria que une as cidades da fachada atlántica, privatizada dun xeito indefendible, pagámola moi cara. Parece que teñamos algún pecado orixinal os galegos e que merezamos pagalo. O noso pecado, a submisión, sen dúbida” Suso de Toro, “A perna trabada, o brazo atado”. A primeira parte e o último parágrafo ten xa saído no blog dalgún xeito. A segunda parte, comparala coa seguinte, aparecida cunha spoucas páxinas de diferencia:
“Galicia deixa de ser periférica. agora ten unha magnífica infraestrutura portuaria, unha rede viaria moderna, e só o atraso do ferrocarril” José Luis Méndez (Dir. Xeral Caixa Galicia)