A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo.
O teatro… A mostra continuou o sábado co grupo ‘Conxunto baldeiro’, cunha obra de Manuel María, ‘A lúa vai encoberta’, que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para destrozala dun xeito tan baldeiro. Non puxen onte a crítica porque non entendo moito de teatro e tiña mdo a equivocarme, pero… desafío a quen queira a atopar alguén que de unha crítica positiva, que foi o que fixen eu: ir na súa procura.
—
Despois das fotos e o comentario a parte de onte sobre a acción social significativa, hoxe lembro unha entrada dun mexón en Ribadeo