Notei onte que ó acceder ó blog ábrense ventanas. Recomendo entón usar Mozilla firefox, descargable aquí, e configuralo para que non permita abrir fiestras emerxentes. É un consello… 🙂
E falando de tecnoloxía, parece que o PP usou a miña idea de ‘denuncia fotográfica’ para o vertedorio, e fixéronlle caso. O dito: a idea tivo repercusión.
Por outra parte, o que non tivo repercusión é que tras outro xuizo máis, Adega non consegue parar a obra da piscifactoría. E é que un concello en fronte é moito…
Ben, coido que os comuneros de Ove tamén ganaron na instancia provincial en relación co conflicto que manteñen sobre unhas terras (uns montes) coa madereira que está en Sta. Cruz. Coido que nn é mala nova para o cidadanía en xonxunto.
Saíu xa vai varios días Komikea, cómic dos alumnos de 4º de ESO do concello pensado en ir contra as drogas. Leíno e gustoume. A súa eficacia, pouco a pouco.
Tamén leín, con moitos días de retraso, un artigo de Xerardo Estévez, arquitecto que foi asemade alcalde de santiago, sobre a construción en galiza. O seu título, ‘Tierra prometida, tierra quemada’, é abondo ilustrativo. Coido que lle vou pasar unha copia a varias persoas no concello, por se non o leeron. (O artigo sae el El País do 5 de febreiro, acompañado de outro con datos como que o 34% do primeiro km de costa mediterránea está ocupado por urbanizacións)
A foto? Pois collendo pedras no Cantón. Pódese ver como no dintel superior do balcón do segundo piso, por exemplo, faltan trozos, e como un operario municipal os está retirando da rede… alomenos non caen sobre os pícaros que aínda non foron botados do Cantón porque aínda on hai mesas nin nada deso. Mais, ata cándo seguirá a cousa así? Non creo que se lle escape á xente que a Torre dos Moreno é un dos principais activos turísticos de Ribadeo.
Nembargantes, as ‘obras de humanización’ de Ribadeo seguen, como se pode ver na foto da rua Pasarón y Lastra. De calqeura xeito, coido (alomenos polos berros de tan só dúas persoas ás 4:20 da mañá) que o que máis presa por humanizarse corre non son as rúas, senón as persoas. E sobre eso non se está a facer moito, ó meu ver.
Ben, o blog vai días que xa pasou das 4000 visitas, e segue aumentando o número medio de visitas diarias, nestes momentos de 21,39 (coa media das últimas 4 semanas de 32,14).
—
Un artigo meu publicado en A Mariña de El Progreso o 22/5/96, onde se poderá contrastar o avance da tecnoloxía e rede internet dende aquela a hoxe:
Estamos na periferia.
Moitas veces digo que Ribadeo é o cú do mundo. É un dito cariñoso, no que trato de deixar constancia de que estamos lonxe de Lugo, da Coruña e Oviedo, o que dificulta a relación con ese sitio onde hoxe se atopa cáseque de todo que é a cidade. O certo é que a mellora da rede vial fai que estas cidades esteñan moito máis achegadas á nosa vila (en tempo) que fai uns anos.
Nembargantes, seguimos sendo periferia e, polo momento, a nosa situación relativa está a empeorar nese sentido. Xa deixo craro que en termos absolutos a técnica permite unha mellor e maior conexión coas cidades, o noso entorno e, en xeral, co resto do mundo. Nembargantes, atopámonos agora conque para unha conexión mediante as novas tecnoloxías informáticas (a “rede” informática que pouco a pouco vai sendo tendida sobre o planeta enteiro) pode ser máis rentable conectar poñamos por caso, A Coruña con Toquio que Ribadeo con A Coruña. ¿Sorprendidos?. Pois sí. Explícome: como o enganche entre dous ordenadores fáise pola liña telefónica e a través de conexións especiais (os chamados “nodos” da rede), un ordenador da Coruña, para poñerse en contacto con outro de Toquio ten que realizar unha chamada urbana para conectar co nodo correspondente e iste traslada a chamada a Toquio.
Ribadeo non ten nodo. Logo, para chamar de Ribadeo á Coruña establécese a conexión mediante a liña telefónica, sin mediación de nodos. O caso é que hai que pagar, no primeiro caso, só unha chamada urbana máis o abono de conexión ó servidor da rede, mentras que no segundo hai que pagar a conferencia interprovincial, o que non evita ter que contratar o servicio da rede para outros casos, o que resulta en xeral abondo máis gravoso. É o mesmo caso que as chamadas ó viciño ou as chamadas ó parende de América, só que por ista vez, para os que viven cerca dun nodo, calquera de outra cidade “con nodo” está tan preto en custe de chamada como o “viciño”, mentras que para nós, os “viciños” seguen a ser os de toda a vida.
Polo que parece aínda ha pasar tempo ate que alguén nos poña achegado un nodo de conexión á rede e evitemos as chamadas interurbanas, co aforro que iso supón. A Telefónica xa está suavizando dende algún tempo esta desigualdade, encarecendo relativamente máis as chamadas urbanas. Pode que cando vía ordenador se solucione o tema, entón o coste da chamada urbana sexa xa o mesmo que se se fixera ás antípodas. Claro que esto non nos servirá entón de moito.
Mentres, seguiremos na periferia aguantando cos cortes de luz no inverno que nos proporciona ¡gratis! Barras (que se chinchen os das cidades, que non os disfrutan), facendo compañía ós axustes telefónicos da dita Cía. Telefónica.
¿Que non somos o cú do mundo? Certo, hai sitios moito peores, pero bo, a idea … ¿Ou que é iso de estar vivindo “no campo” e querer disfrutar das ventaxas da cidade?