Xa está aberta a baixada do novo edificio de portos na dársena deportiva. A parte da baixada, ofrece a súa terraza (en realidade, as súas terrazas) para disfrute dunha boa vista, case tan boa como a que se tiña antes dende o chamado mirador de Calvo Sotelo. Non me gusto moito o edificio en si, nin que veña aparexado ó recheo en Mirasol, por exemplo. Nembargantes, as terrazas e a escaleira non están tan mal, ou ó menos on o estaban, pois como sepode observar na segunda foto, xa gozan dunha desatenció que esperemos que sexa temporal: a maleza avanza.
Non é un caso episodico, por desgracia é abondo común neste noso Ribadeo que se fagan cousas, ben ou mal, e logo se deixen semi abandoadas no seu coidado diario. Exemplos non faltan, dende a zona de recreo de Vilaframil ó mirador do cargadeiro…
Un comentario sobre economía nun periódico de hoxe chamou a miña atención. estudando a competitividade dos países, a española baixou este ano da posición 23 á 29 na lista mundial oreada segundo ese criterio. A razón do mal posto de España (creo que só entran algúns países, non os 200 do globo) parece ser que ven do retraso en dous factores: a eficiencia, baseada ó seu tempo en innovación e coñecemento, e a cohesión, baseada na calidade das interaccións, esforzo e esixencia mutua entre os ‘axentes que compoñen as sociedades’. A aplicación a Ribadeo de ditos factores non da un bó resultado: a innovación en Ribadeo diría que non existe, mentras que a ‘política de coñecemento’ está desaparecida en combate. Alguén pode dicir que o Concello non ten facultades para rexir minimamente esas cuestións. Tampouco parece preocuparse de suplir, reclamar, etc, a xestión nestes campos. En canto á calidade das interaccións, un apartamento entre a estructura do Concello, comezando polo alcalde, e o resto da sociedade, xa foi denunciada vai tempo e non parece que mellore grandemente, pois se se deu algún paso positivo tamén houbo pasos atrás. O esforzo desapareceu en combate, e é arduo na actualidade esixir ós estudantes un esforzo: é o que están vendo a nivel social. En canto á ‘política de esixencia’ do concello parece baseada en que ‘eu non te esixo, ti non me esixas’, e pode darse multitude de exemplos.
Mentras, no mundo, Alemaña intenta formar unha grande coalición entre os dous partidos maiores para saír do impasse tras as eleccións, e Indonesia intenta recuperarse despois dos atentados de Bali que costaron 25 mortes.