Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Tempo de construcción


    Se onte comentaba o estado da edificación na zona, hoxe tócalle o turno á obra civil: os periódicos falan de rematar o tramo Barres-Ribadeo, Ponte dos Santos incluído, para 2009. Estame entrando o congojo no estómago porque parece que se van pasar unha boa tempada remozando a ponte, e polo tanto, é posible que intenten que nos quedemos sen paso para peóns, xa que imos a axeitarnos esa tempada…
    Chama a atención como suceden algunhas outras cousas: mañá é a vista en Lugo dun dos casos de acoso no Concello. Que sairá á vista? E hoxe tamén se pode ver a nova de que a Xunta reclama a recuperación natural dunha mina de pizarra… mentras que a de ouro prevista en Tapia está calada nos papeis, sen avanzar, pero non parece que retroceda tampouco. Seguro que cando se peche a piscifactoría de Rinlo/Meirengos tamén pedirán que recuperen a zona, supoñendo boas intencións, que Álvarez Cascos non teña a influencia actual, etc., porque é de supoñer que o pago de 1€ cada m2 non da para facer logo unha recuperación do espazo.
    Falando de follóns políticos, hoxe dimitiu o líder republicano do Congreso por asuntos de financiamento ilegal. O mesmo día que aumenta o follón por asignación a dedo de parte da reconstrucción de Nova Orleáns… como anda o mundo…
    ** Do antigo blog:

Asociación de veciños O Tesón de Ribadeo

    O pasado venres día 15 de xullo tivo lugar a Asamblea xeral da Asocición de veciños O Tesón de Ribadeo.
    Seguindo a orde do día, leeuse e aprobouse a acta anterior e pasouse a dar un repaso ás actividades realizadas, estado de contas e informes da directiva. Así, deuse conta das actividades como a comida social ou a reunión sobre convenios urbanísticos que propiciou a asociación. Asemade, espúxose someramente a situación en outros temas reivindicativos como os ruídos, comparando a situación coa serie de reunións e acordos que está sucendendo agora en Viveiro, as labores de participación na Mesa de asociacións e seu desenvolvemento, que pouco a pouco vai aglutinando a un maior número de asociacións interesadas, o seguemento do tema das antenas, do que aínda estamos á espera de contestacón por aprte do Concello ou o tráfico, bandas rugosas e aparcamento, ó que se referiu a última das preguntas realizadas ó pleno. Asemade, deuse conta do seguemento que se está a realizar pola polisble instalación dunha mina en Salave que deixaría un oco de máis de 200m de profundidade e máis de medioquilómetro de radio, a parte da montaña de residuos correspondente e a contaminación ambiental correspondente que se estima chegaría a afectar a Ribadeo. Rematou esta intervención a relación da participación da Asociación en diversas instancias: na Asociación Ponte dos Santos, coa intervención na última asamblea, así como a recollida do testigo como coordinadores da mesa de asociacións correspondente a esta entidade, outras intervencións co Concello, dende as preguntas realizadas ó final dos plenos ata a participación futura no Consello Municipal da Muller, etc.
    Pasouse despois a facer varios comentarios por parte da directiva, como a aclaración sobre o mantemento da liña nin política nin sindical da asociación ou a non intervención en xeral en denuncia de temas puntuais relacionado co anterior. Despois anunciouse o cobro de cuotas. Ó final do punto, votouse a petición da directiva para realizar convocatorias públicas sobre temas que o requiran e o poder levantar causas xudiciais cando se considere pertinente. A votación, que foi aprobada cunha abstención, permite que a Asociación teña unha mobilidade que non podía ter ata o momento, tanto na convocatoria de accións para socios e alleos como para actuar xurídicamente, en particular sobre temas xa tratados ou que se xulgue necesiten unha resposta inmediata.
    Ó rematar a Asamblea xurdiu algún tema máis, que xa non foi contemplado para a acta pero que paga a pena citar, como o funcionamento do sistema de ambulancias dende a Mariña para tratamento oncolóxico para A Coruña ou a existencia continuada de troncos apilados en Mirasol con risco para os bañistas, con maioría de nenos, que están a nadar nas proximidades (praia dos Bloques)
    A asistencia resultou escasa, acusando o erro que se apreciaba na folla da convocatoria, na que se citaba para o día 15 nomeándoo como mércores.

Ribadeo, 16 de xullo de 2005.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *