Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De urbanismo e consecuencias


Hoxe recibín a nova de que o Concello de Ribadeo saca unha ordenanza na que obrigará ós propietarios de inmuebles no casco antigo a facer una revisión (pagada por eles) e despois a obra correspondente se é convinte (pagada ata un 85% cun máximo de importe duns 500€). Tamén leín que segundo parece as constructoras que fixeron cartos destrozando a costa do sol estanse mudando a esta zona, algo que xa supoñía por como se está a mover o mercado de terras e inmobiliario por aquí. Por último, Le Monde informa da dificultade que entrañou un laborioso proceso para que os vellos propietarios de pequenas vivendas ocupadas tamén de vello polos mesmos na illa de Re foran eximidos de pago de contribución ó ser confundidos por ricachóns con propiedades nunha zona de Francia na que a especulación turístico-inmobiliaria está polas nubes. Xuntemos todo eso e pensemos: Unha obra de restauración nunha casa vella pode facerse por menos de 100000 das antigas pesetas? Quen está a mercar o construído? Onde vai vivir a xente que de servicio a esa nova oleada? Chegaremos á situación que se da agora naailla de Re, onde hai o que se pode considerar ‘ricos pobres’ (ricos pola revalorización dos seus terreos, pobres porque non poden pagar nin os impostos debidos a esa revalorización)? E, ás veces na viciñanza, ás veces aínda na lonxanía, os convenios urbanísticos (será verdade que hai xa 14?) e o PXOM, que aínda ten sen definir as liñas básicas que foron pedidas por un conxunto de asociacións ó alcalde en xuño, pero que, sen importar o anterior, está esperando á existencia dun consenso para a súa presentación.
*Comezo con este post a introducir retazos que xa tivera colocado na rede nalgún momento, ben en http://agremon.pitas.com como en http://personal.redestb.es/agremon. Para non confundir, sempre especificarei cándo foi posto na rede ou publicado en papel.
Tres pés para a educación.
** O que segue foi publicado pola revista ‘Xerfa’ do IES Porta da Auga en xuño de 2005, a modo de editorial.**
Históricamente, a escola é algo moderno. A educación comezou sendo unha cousa de pais, que se viron axudados pola sociedade nun xeito de re-distribución do traballo para mellora do rendemento comunitario e logo a sociedade foi cristalizando un tipo de función propiamente educativa ata a extensión ‘universal’ da educación al como a coñecemos hoxe, con abrumadora maioría de persoas en centros especializados de diversos tipos.
En todo este proceso, débese entender que son os pais os que delegan a súa potestade educativa. Ten habido épocas (como no estalinismo ruso) nas que a sociedade era a que se atribuía a educación e delegaba por cuestións prácticas parte dela nas familias. Nembargantes ser entendido o anterior como un xeito de aberración nos tempos que corren, o certo é que a componente efectiva de cada un dos actores educativos na educación ten cambiado abondo en tan só unha ou dúas xeracións. E tamén a concepción educativa. Así, hoxe en día ténse nos nosos lares a unha familia desestructurada, tipo americano, que entende como natural o desvincularse da educación, aínda que non do seu resultado. É dicir, téndese ó ‘consumo’ da educación, non ó seu disfrute.
E este cambio de liña directriz é básico para diversos resultados: podemos ter alguén formado para falar inglés, valla por caso, sinxelamente porque o demandan así os poderes que tratan de dirixir a sociedade, pero non ter un individuo educado. Podemos ter unha persoa preparada para producir, pero non para levar adiante a súa propia vida. Podemos ter alguén preparado para competir, pero non para decidir por que merece a pena competir. E podemos ter tamén unha sociedade que, unha vez entendida a educación como consumo, se esqueza da compoñente de servicio e quede só a de beneficio.
As anteriores son só unhas pinceladas sobre temas candentes non só a nivel educativo, senón tamén a nivel social: a educación de hoxe implica a sociedade de mañá. Tamén é algo que debe estar na mente de todos os que formamos parte do sistema educativo, tanto alumnos como profesores. Só preguntándonos e distinguindo opcións como as ditas podemos ter un certo control sobre o que estamos a facer e nos están a facer (en ambos casos, tanto para profesores como para alumnos)
Quedan para outra edición outras cousas relacionadas. Nembargantes, mirade os artigos do interior pensando nas posibilidades e opcións que temos: veredes outra revista que non está no papel, pero que a fai posible.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *