Un relato colaborativo escrito durante o Obradoiro de Escritura Creativa de Historias de San Xoán.
Véspera de San Xoán, Gatipedro anda atento coma de costume. Xuntouse moita xente no campo santo e el precisa facer das del para sentirse útil e vivo. Achégase á porta coa idea que sempre ronda a súa cabeza, ver cantas plañideiras hai e cantos choran de verdade ao falecido. Tarefa doada. Como lle gusta ver este tipo de espectáculos. (Lorena)
Anos atrás comezara a disfrutar desta actividade. Antes era un ser simpático e alegre. Gozaba de rir coas fadas e de gastar o seu tempo ao carón das fogueiras. Dende logo era un divertimento máis inocente. Mais a vida daba moitas voltas e a súa, en concreto, parecera unha noria.(Gonzalo)
Mais esta vez parecía non ser tan doado desfrutar do seu divertimento favorito. A porta estaba chea de xente impedíndolle o paso. Tratou de subir por unha parede a ver se conseguía atisbar algo do suceso pero, por vez primeira na súa vida, viuse incapaz de facelo. Conseguiu, si, subirse a unha árbore, mais esta comezou máaicamente a se encoller, ata meterse por completo na terra, seguramente volvendo a ser unha semente.
–Pero que carallo?–preguntou para si o Gatipedro. –Quen tería este poder e estas ganas de amolar?
A súa pregunta quedou respondida ao cheirar un pouco de pó de fadas….(Jose)
Revirou a cabeza pouco a pouco temendo atopar tras a súa caluga algo que non lle dera boa espiña, e alí estaban. Aló, aló ao lonxe, xusto enriba da porta do camposanto estaban as tres fadas, chorando.
–Como chorando elas?
De súpeto a árbore comezou de novo a medrar e canto máis o facía, o Gatipedro comezaba a notar unha, dúas, seis, dez… Así ata vinte e tres bágoas de xuño, o nicho vinte e tres, vinte e tres bágoas. (Tamara)
E deuse conta que as bágoas delas e as bágoas del eran de ledicia, era o vinte e tres de xuño e por fin ía comezar o verán e el por fin comezou a mirar ao seu redor fóra de ese camposanto. Mirar outras árbores, os paxaros, unha fonte que sempre trae auga fresquiña, e ese son… Elas alí choraban de ledicia de velo a el que pòr fin abreu os ollos e mirou máis alá de aquelas bágoas todas tristes, deuse de conta de que tamén hai bágoas alegre e comezaron a rir e a chorar de risa as tres fadas e o Gatipedro.(Marta)
Deixa unha resposta