Un relato colaborativo escrito durante o Obradoiro de Escritura Creativa de Historias de San Xoán.
O ceo encheuse de luces co estalido dun cobete. Chegara o día máis importante do ano, o día no que fadas e trasnos se reunían para os seus rituales. Nesta ocasión escolleron o Campo Santo de Barreiros. Gustáralles moito xa que no seu interior tiñan todo o necesario para sobrelevar eses días, dende un pozo ata unha gran fogueira. (Gonzalo)
Non é precisamente que ambos seres mitolóxicos se levasen ben entre si. De feito andaban sempre a discutir sobre a cal pertencía que lugar da comarca, ou como tratar aos diferente animais. Pero as luces do ceo instábanos a deixar á marxe as súas trifulcas para facer entre todos a “cadea de ouro”. Para este ritual, todos os individuos de cada poboación debían xuntar as mans, a modo de cadea, de xeito que cada fada lle dese a man a dous trasnos e cada trasno a dúas fadas. O ritual asegura un no ano para toda a comunidade. (Jose)
Todo pintaba sinxelo, mesmo esperanzado, San XOán era ese gran día no que todo comezaba de novo deixando atrás os enredos, trifulcas e cousas malas. Pero mada diso sería así: esa cade só podería ser “cadea” cando todas as mans estiveran collidas, pero alguén tiña que comezar e agardar toooooda unha volta sen unha man collida. E ninguén quería ese papel. Trasnos presionaban para que foran as fadas, e elas devolvíanlles a eles a responsabilidade.
–Fagamos algo–dixo a única trasna. –Quen dea o primeiro paso será nomeada/o “maior” do Reino, estará demostrándonos que lle importa máis a boa convivencia que si mesma/o. Que vos parece? (Tamara)
–E que quere dicir se “maior” nun reino?–dixo unha fada.
–Houbo un forte balbordo, uns falaban por riba dos outros. Non se entendía nada, ninguén falaba claro e moito menos escoitaban. De súpeto outro estalido de luces no ceo, bágoas marelas que caían sobre o Santo Estevo do Ermo. Todos calaron e ficaron fascinados. Inconscientemente, agarráronse das mans, a pares, como mentaba a antiga tradición. Non se soubo quen foi o primeiro en dalo paso, quizais a natureza, esa sabia nai que guiara ambas familias a entenderse. (Marta)
Quizais levarse ben era difícil pero o que pasaba se as disputas continuaban era peor. Que sería o próximo que o ceo enviaría… Mellor non sabelo. Entenderse… O ser “maior” estaba alí arriba, non había que designar a ningún ser maior máis ca ese. Cun era suficiente, que “maior” ser pode haber que o medo ao que aconteza? (Lorena)
Deixa unha resposta