- Mastodon
- Codeberg
-
Sobrevivimos á calor da Lérez Up (2026)
Este pasado finde estivemos na Lérez Up cun stand propio e participando no Pasaporte Indie* co xogo Miña Leira!, que tamén era a nosa proposta nominable a mellor xogo indie do evento. A calor foi a verdadeira protagonista do evento, afortunadamente a xente da organización encargouse de manternos ben hidratades para soportar as xornadas de…
-
Vémonos na Lérez Up!
Os próximos 12 e 13 de setembro celébrase o evento Lérez Up no Recinto Feiral de Pontevedra e nós teremos stand na súa Zona Indie. Ademáis, a nosa presidenta participará nunha mesa redonda o sábado ás 17h. Por último, poderedes obter un sello para o Pasaporte Indie xogando a Miña Leira. Completando o pasaporte participas…
-
Novas de creación independiente
Aínda que non temos novas con respecto á asociación (seguimos pelexándonos coa burocracia da Xunta), podemos compartir convosco novidades e información sobre creación de videoxogos independientes. En primeiro lugar, xa se levou a cabo a Amorodo Jam, polo que dende a súa organización nos pediron se era posible compartir o formulario de feedback, asi que…
-
Amorodo Jam
Este ano vólvese a organizar a Amorodo Jam. Como dende os seus inicios participou xentiña que é agora da asociación e da súa directiva, os animamos a participar cunha proposta feita en Godot.
-
O noso paso polo Atlantic Games Conference (Carballo, abril 2026)
Este fin de semana en Carballo levouse a cabo o Atlantic Games Conference onde, por primeira vez, fumos con stand propio. Dímonos a coñecer na comunidade de desenvolvedores indie da rexión e fora de esta (coñecimos estudos e asociacións fora da nación), e achegouse xente moi gratamente sorprendida pola nosa presencia. Resolvimos dúbidas de quen…
-
Somos oficialmente “user group” e anunciamos stand propio na Atlantic Games Conference
Temos dúas novas que contarvos. A primeira é que oficialmente somos un “user group” que aparece no directorio de grupos locais na páxina da Godot Foundation. Aceptaron a nosa proposta e no mapa que comparten estamos pineados como comunidade local e física en Galicia. É un recoñecemento pequeno, pero moi satisfactorio e sube a moral,…
-
Repaso á Xuntanza Godoteira do 28 de marzo
O pasado 28 de marzo de 2026 tivemos a primeira Xuntanza Godoteira do ano na cidade da Coruña. Foi unha xornada caracterizada pola claridade da primavera e o poder estar nun espazo con boa luz natural. O local da Revolteira é unha auténtica pasada. Temos que decir que en xeral, as asociacións e espazos autoxestionados…
-
Cartel e primeiras actividades confirmadas – A Coruña (marzo 2026)
Xa se confirmaron dúas actividades: o obradoiro onde se fará un clicker! (traede un ordenador) e o faladoiro Aventura con hexágonos.
-
Xuntanza Godoteira – A Coruña (marzo 2026)
Queres coñecer á comunidade Galega de Godot? Esta é unha boa oportunidade para iso. Xuntámonos por primeira vez en 2026 na cidade da A Coruña gracias a A Revolteira, que nos permite empregar as súas instalacións. Celébrase o sábado 28 de marzo de 2026 na Rúa da Falperra, 13 a partir das 11:00h. Evento gratuito…
-
Podo xogar ao xogo do «Gusanito»? Un repaso ao Marín Gaming
Os días 6 e 7 de decembro levouse a cabo o evento Marín Gaming, de tono familiar e que contou cun espacio indie con desenvolvedores galegos.