Logo da asociación: é o logo de Godot coa bandeira galega de cores

Blog

  • Xuntanza Godoteira o 24 de outubro en Marín

    Temos o pracer de anunciar a nosa próxima Xuntanza Godoteira en Marín (Pontevedra) o día 24 de outubro (sábado) de 2026.

    Realizarase en dous espazos situados na Avenida de Ourense, ao carón do porto, por unha parte o Museo Manuel Torres (pola mañá) e a Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos (pola tarde).

    No Museo Manuel Torres se levará a cabo unha mostra de xogos feitos en Godot con ordenadores prestados por socies. Tamén faremos unha presentación da asociación e as primeiras indicacións para inscribirse nela. A actividade comeza ás 11:30h e remata ás 13:30h.

    Na Biblioteca Vidal Pazos se darán os habituais faladorios e obradoiros. A actividade comeza ás 16:00h e remata ás 19:30h (ou un pouco antes según faladoiros anotados).

    Cartaz da Xuntanza Godoteira 2026. 24 de outubro en Marín. Mostra de xogos ás 11:30 no Museo Manuel Torres e Faladoiros e obradoiros na Biblioteca Vidal Pazos ás 16:00h. Proba e comparte xogos locais e coñece á comunidade local de Godot. Organiza o Concello de Marín e a Asociación Godoteires.

    Enlaces relacionados (importante)

    Enlace á actividade en Mobilizón (confirma a túa participación! non é obrigado, pero axuda á organización)
    https://mobilizon.fr/events/0d5b3690-34ee-46ea-9b3b-2af84cc9540e

    O formulario de faladoiros e obradoiros (para propor o teu propio faladoiro/obradoiro)
    https://my.liberaforms.org/xuntanza-godoteira-marin-2026

    Enlace á entrada do calendario de Devuego:
    https://www.devuego.es/deventos/evento/xuntanza-godoteira-marin-2026-10-24

    Como chegar a Marín

    Monbus é a compañía de buses que da servizo á Vila de Marín e podes atopar nesta web cómo chegar dende Pontevedra, Cangas, Bueu, Loira, Seixo, Mogor… cos seus respectivos horarios.

    Por outra parte, se ves no teu transporte particular, podes atopar múltiples aparcadoiros públicos gratuitos. Hai aparcadoiro dabondo na propia Avenida de Ourense e ao carón do Auditorio de Marín.

    Senón, podes empregar os aparcadoiros da rúa Quevedo e da rúa Inferniño, que son as mellores opcións en canto a distancia.

    Tamén hai servizo de taxis.

    Onde comer en Marín

    O evento lévase a cabo nunha parte bastante céntrica de Marín. Polo que hai moita oferta gastronómica como La huerta de la abuela, o local máis preto, con opcións ovo lacteo vexetarianas no seu menú. Na mesma rúa (rúa Méndez Núñez) hai outros locáis gastronómicos e un Supermercado Gadis.

    Ao redor da Alameda de Marín está o Bar Umia, a Tapería O Casino e a hamburguesería La Favorita.

    Ao redor do Parque Eguren (subindo a Rúa Estrada ou pola Rúa da Roda) están as bocaterías Atalaya e o Rural. Tamén os restaurantes Fociño e Pilaro.

    Adxuntamos plano orientativo contextualizando a zona de Marín que tomaremos ao asalto.

    Captura do Google Maps. Vese os espazos públicos onde levarase a cabo o evento contextualizados con respecto ao porto, a Alameda e a Escola Naval Militar.
    Fediverse reactions
  • Sobrevivimos á calor da Lérez Up (2026)

    Este pasado finde estivemos na Lérez Up cun stand propio e participando no Pasaporte Indie* co xogo Miña Leira!, que tamén era a nosa proposta nominable a mellor xogo indie do evento.

    A calor foi a verdadeira protagonista do evento, afortunadamente a xente da organización encargouse de manternos ben hidratades para soportar as xornadas de traballo (moitísimas gracias!).

    Volvendo ao tema do Pasaporte Indie, Nekerafa recibiu moitísimo feedback para poñer a punto o seu xogo (e do que podedes leer o seu postmortem aquí). Do máis destacable, por curioso, é que os xogadores tiveron a oportunidade de opinar do xogo nun formulario e hai tanto valoracións positivas polo pausado que é, como hai quen esperaba algo máis de acción. Para pensar.

    Persoas xogando no stand da aso. O noso compi observa a ambos detrás do stand, no que tamén hai unha pancarta co logo e as redes da asociación

    Además, levamos o noso tradicional pase de xogos para que a xente puidese probar diferentes creacións tanto da comunidade galega como xogos de xente amiga nosa. Débese destacar o xogo Orcanize & Destroy do compi Daenvil, que namorou os corazóns dos visitantes (e dos máis novos tamén).

    O sábado pola tarde a nosa presidenta participou nunha mesa redonda que si ben facíase para explicar o día a día de ser un estudo indie, deixou marxe para que falara tanto da creación como afición (compartindo a visión da asociación) como da súa labor persoal na prensa independiente do videoxogo.

    Unha persoa xoga a Orcanize and Destroy

    Se tivéramos algo que destacar para mal (ademáis da calor), é o de ir cunha proposta tan cerrada, posto que somos unha asociación que divulga de algo tan aberto como un motor para crear videoxogos e non tanto un estudio tratando de promocionar a súa obra. De todas formas, houbo xente que se achegou a preguntar por Godot e con interese en estar en contacto para ser parte da comunidade (hurra!).

    Captura do programa Tarde piaches da TVG donde se ven persoas xogando no noso stand

    Por último, por uns segundiños saíu o noso posto na TVG. E a coña é que no programa Tarde Piaches onde falaron da Lérez Up propuxeron un xogo de cavala leira, que é en parte do que trata Miña Leira! Igualmente tomamos nota de tratar nun futuro esa temática de manera aún máis explícita.

    *O Pasaporte Indie es unha proposta que, a cambio de obligar á xente a xogar todo o exposto da sección indie, participan nun sorteo de merchandising deses xogos.

    Fediverse reactions
  • Vémonos na Lérez Up!

    Os próximos 12 e 13 de setembro celébrase o evento Lérez Up no Recinto Feiral de Pontevedra e nós teremos stand na súa Zona Indie.

    Ademáis, a nosa presidenta participará nunha mesa redonda o sábado ás 17h. Por último, poderedes obter un sello para o Pasaporte Indie xogando a Miña Leira. Completando o pasaporte participas nun sorteo para o que aportaremos merchandising da asociación.

    Fediverse reactions
  • Novas de creación independiente

    Aínda que non temos novas con respecto á asociación (seguimos pelexándonos coa burocracia da Xunta), podemos compartir convosco novidades e información sobre creación de videoxogos independientes.

    • Amorodo Jam (online, finalizada)
    • Terceira edición da CoruJam (A Coruña)
    • Apertura formularios para pedir stand na Zona Indie da Kokoro Japan Expo (Vigo)
    • Compartimos o xogo Juguemos de nuevo (dispoñible en galego)

    En primeiro lugar, xa se levou a cabo a Amorodo Jam, polo que dende a súa organización nos pediron se era posible compartir o formulario de feedback, asi que AQUÍ O TEDES (por favor, participade).

    Aproveitamos esta entrada para publicitar a terceira edición da CoruJam, unha jam presencial que se levará a cabo dende o 5 ao 7 de xuño no local da Revolteira. Podedes seguir as novidades desta jam e futuras dende AQUÍ.

    Cartel da Corujam. 5-7 Xuño. Vese a Torre de Hércules pixelada. Farase na Rüa Falperra 13.

    Por outra banda, se estades interesades en ter un stand na Zona Indie da Kokoro Japan Expo (Vigo), os interesa saber que abriuse un formulario para solicitar un.

    Finalizamos a entrada compartindo Juguemos de nuevo, o xogo co que a nosa compañeira Mariola (MaestraPaladin) participou na “The Shorter, The Better“, unha jam de xogos de menos de 5 minutos de duración e xogable en web. A súa proposta está feita en Godot (por suposto) e ven con tradución ao galego.

    Fediverse reactions
  • Amorodo Jam

    Este ano vólvese a organizar a Amorodo Jam. Como dende os seus inicios participou xentiña que é agora da asociación e da súa directiva, os animamos a participar cunha proposta feita en Godot. Quen sabe, igual é unha boa oportunidade para presentar o voso primeiro xogo feito con este motor 😉

    Máis información: https://itch.io/jam/amorodo-jam-3

    Cartel da Amorodo Jam 2026. Todo decorado con amorodos. Unha muller baila cun traxe tradicional cos cores dos amorodos. Indica claramente que é ata o 18 de maio.
    Fediverse reactions
  • O noso paso polo Atlantic Games Conference (Carballo, abril 2026)

    Este fin de semana en Carballo levouse a cabo o Atlantic Games Conference onde, por primeira vez, fumos con stand propio. Dímonos a coñecer na comunidade de desenvolvedores indie da rexión e fora de esta (coñecimos estudos e asociacións fora da nación), e achegouse xente moi gratamente sorprendida pola nosa presencia. Resolvimos dúbidas de quen somos e o que esperamos conseguir (podedes ver a información no apartado de quen somos) e ata a nosa presidenta foi entrevistada por unha canle de youtube.

    Foto do posto, cun ordenador en marcha con xogos feitos en Godot. O posto ten unha pancarta co nome da asociación, email, dirección do blog e redes.

    Este ano ademáis, a xente podía conseguir un selo nos diferentes postos da feria para participar nun sorteo, así que a xente non só veu preguntar sobre nós, senón que tivo que xogar creacións feitas en Godot como Catiuskas, As Herbas de San Xoán ou A todas as rocas que me sosteñen.

    Por outra parte, estivemos moi ben acompañades polos stands de Demo Game Jam e FemDevs, que levaron xogos de jams e das súas socias, respectivamente. Foi un espacio de sinerxía e compañeirismo entre as asociacións que ahí estabamos. Tamén compartimos información da Coordinadora Sindical do Videoxogo da CGT (CSVI), quen non tivo stand propio nesta edición.

    Xente achegándose ao posto para xogar e ver o que expoñemos

    Pasamos os dous días ofrecendo información e xogos, pero tamén tivemos ocasión de asistir a faladoiros e obradoiros que ofertaba a organización, así como tamén participamos no sorteo, xogando os xogos que se expoñían. Á noite do sábado, tamén houbo festa no mercado con música DJ. Así que nesta edición quenes fumos o pasamos incluso mellor que na anterior Atlantic Games Conference.

    Nesta ocasión, non temos claro cal será o noso próximo evento a participar, xa que temos que descansar un anaco de tantas emocións, pero seguide o blog para non perderos nada, porque aquí seguiremos 😛

    Tamén estamos en Mastodon! Conta de mastodon: https://amarinha.gal/@godoteires

    Para finalizar, damos gracias á organización do Atlantic Games Conference e ao Concello de Carballo por todo o traballo e dedicación, que inclúe o deixar que levemos á casa a loneta publicitaria do posto.

    Fediverse reactions
  • Somos oficialmente “user group” e anunciamos stand propio na Atlantic Games Conference

    Temos dúas novas que contarvos. A primeira é que oficialmente somos un “user group” que aparece no directorio de grupos locais na páxina da Godot Foundation. Aceptaron a nosa proposta e no mapa que comparten estamos pineados como comunidade local e física en Galicia. É un recoñecemento pequeno, pero moi satisfactorio e sube a moral, para qué mentir.

    A segunda nova é que estaremos na Atlantic Games Conference cun stand propio como asociación. A verdade é que é información que xa adelantamos en redes e no artículo previo, pero nunca está de máis adicarlle unha entrada propia no blog, por se pasa desapercibido.

    Na Atlantic Games Conference podedes preguntar sobre o motor Godot, sobre a nosa actividade como asociación e disfrutar da selección de xogos feitos en Galicia e en España.

    Captura do Instagram da Atlantic Games Conference. As datas son do 10 ao 11 de abril e saen logos de diferentes entidades nas que se inclúe Godoteires.

    Levarase a cabo os días 10 e 11 de abril no Fórum de Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, Carballo, A Coruña. Na páxina de https://www.atlanticgamesconference.com/es/ encontraredes máis información e cómo chegar. A entrada é gratuita, pero o aforo é limitado (especialmente nos faladoiros).

    Fediverse reactions
  • Repaso á Xuntanza Godoteira do 28 de marzo

    O pasado 28 de marzo de 2026 tivemos a primeira Xuntanza Godoteira do ano na cidade da Coruña. Foi unha xornada caracterizada pola claridade da primavera e o poder estar nun espazo con boa luz natural. O local da Revolteira é unha auténtica pasada.

    Temos que decir que en xeral, as asociacións e espazos autoxestionados están axudándonos moitísimo na nosa labor divulgativa e, gracias a iso, podemos realizar as nosas actividades presenciais. Nesta ocasión, estamos tremendamente agradecides con A Revolteira, que nos fixo sentir como na nosa casa e ademáis, ofrécense para que fagamos máis cousas con eles (viva!).

    Empezamos a xuntanza explicando o actual estado da Asociación Godoteires. Polo momento estamos a enfrontarnos cunha barreira burocrática para darnos de alta como asociación, mais esperamos poñer todo en orden pronto. Queda pendente o de ter unha conta bancaria, polo momento o Tesoreiro farase cargo das doazóns físicas (gracias polas vosas aportacións!) e como solución temporal, unha das socias pode declarar por nós o diñeiro.

    A continuación, Isi Cano presentounos os traballos dos seus alumnos (dos máis novos e nivel universidade) empregando os videoxogos (Dialogic en Godot e o xogo Electroplankton para a música)como vehículo creativo e tamén sanador. Unha mirada interesante da necesidade de xogar e crear, de sacar esa vergonza que levamos dentro e expoñernos ao mundo, especialmente os adultos, quenes temos moitas reticencias para debuxar, crear e xogar. Ter unha presentación a modo de achegamento ao motor Godot como ferramenta liberadora e creativa, é un auténtico luxo. Moitas gracias Isi!

    Compartimos algúns dos xogos das súas alumnas:

    Antes da hora de comer, Nekerafa contounos a súa experiencia facendo xogos para retroconsolas e qué versións de Godot teñen compatibilidade con elas e resolvendo dúvidas ao respecto (limitacións, plantillas de exportación, cómo cargar os xogos nas consolas…). Temos peticións en diversas redes para saber máis ao respecto, porque poder ter os nosos xogos en consolas como a PSP Vita a verdade é que é un verdadeiro puntazo. Ademáis, enlaza directamente co seguinte obradoiro.

    Despois de comer Paladina tivo a ocasión de facer o seu obradoiro de xogos clicker, no que a xente puido facer o seu propio xogo. Para iso, explicou cómo facelo empregando únicamente os nodos Button e Timer. Sairon cosas bastante curiosas ao respecto, xa que Nekerafa exportou o seu exercicio para a PSP Vita, así que tedes aquí o proxecto subido ao noso Codeberg (gracias por compartilo!).

    Vimos tamén o Showreel 2025. Para quen non o coñeza, o Showreel é unha iniciativa da Godot Foundation para mostrar anualmente os proxectos (xogos ou software) desarrollado co motor. Parámonos a comentar o xogo Dogwalk, que lle permitiu a Blender Studio entender mellor como integrar en Godot as creacións feitas en Blender.

    Rematando a xuntanza, José fixo un análisis da xestión de nivéis, gráficos e cámaras dun RPG que está a crear para plataformas móviles. Explicando as dificultades do uso de tiles hexagonais e a necesidade dunha visión modular para poder engadir con facilidade novos niveis e mundos. Unha lección maxistral de deseño e planificación de desarrollo de xogos RPG.

    Por último, gustaríanos destacar que en todo momento estivo dispoñible ordenadores para xogar na Zona de xogos, así que se nalgún momento tedes algún xogo a mostrar, podedes contar connosco para dalo a coñecer.

    Erros e acertos

    Sen dúbida, A Coruña é unha cidade con movemento e interese nos videoxogos e en Godot. Ata 22 persoas participaron no noso evento e decidiron pasalo tempo connosco, así que podemos dicir que foi un éxito. Estamos satisfeites co resultado e con moitas ganas do próximo evento (vémonos no Atlantic Games Conference!).

    Algo que sí se falou entre diversos membros da Asociación é o complicado que resulta enfocar as nosas Xuntanzas, xa que houbo tanto charlas técnicas, obradoiros de iniciación como charlas máis xeráis. Así que toca pensar en cómo encaixar os eventos para achegarnos mellor á xente godoteira que hai en Galicia. Por outra parte, tamén nos chegou o comentario de que é pouco dinámica a xuntanza, xa que se centra moito nos faladoiros. Veremos qué facer ao respecto 🙂

    Faladoiros grabados

    Nesta ocasión e gracias a José podemos disfrutar dos faladoiros e obradoiro grabados:

    Creo que con isto xa os podedes facer unha idea das cousas que estamos a facer na asociación. Por último, lembrade que estaremos na Atlantic Games Conference cun stand propio onde mostraremos xogos varios e podemos orientarvos no desarrollo de xogos en Godot.

    Fediverse reactions
  • Cartel e primeiras actividades confirmadas – A Coruña (marzo 2026)

    Boas noites godoteires. Queda menos para a primeira xuntanza do ano. Como xa sabedes será o 28 de marzo no local da A Revolteira, en A Coruña. Ás 12h comezará o evento coa reunión ordinaria da asociación (podedes estar presentes e preguntar calqueira asunto relacionado coa aso!)

    Dende ás 13h, estará xa montada a mostra de xogos con ordenadores e equipos que traeremos para que podades xogar e disfrutar. Estará dispoñible ata ás 18:20h, xa que trala proxección do Showreel (anuncios de xogos seleccionados pola Godot Fundation) recollemos todo, aínda que o evento remate ás 20h.

    Xa se confirmaron dúas actividades: o obradoiro onde se fará un clicker! (traede un ordenador) e o faladoiro Aventura con hexágonos.

    • Fai o teu primeiro xogo clicker (por Maestra Paladín, ás 16h)

    Aprende a facer un sinxelo xogo clicker. Precisarás empregar nodos de button (botón) e timers (temporizadores) para facer unha experiencia adictiva. Ademáis explicarase os mecanismos de recompensa no cerebro humano para sacarlle partido. Finaliza o obradoiro dando ideas e exemplos de cómo aplicar os conceptos un paso máis alá. A xente tamén poderá probar os xogos dos participantes.

    • Aventuras con hexágonos (por Jose, ás 17h)

    Análise da arquitectura de un xogo de aventuras por turnos con movemento en hexágonos. Técnicas para crear niveis de xogo interconectados de xeito sinxelo. Como adaptar partes do GridMap de Godot. Divagación sobre a utilidade de restriccións para desenvolver un xogo.

    Podedes propor unha actividade aquí: https://framaforms.org/charlas-e-obradoiros-xuntanza-godoteira-a-coruna-marzo-2026-1771866260

    E podedes apuntarvos ao evento (cousa que nos sirve para ter unha idea da xente que ten pensado vir): https://mobilizon.fr/events/6564d009-7c5e-48e1-b3d6-b46ec5ea1005

    Fediverse reactions
  • Xuntanza Godoteira – A Coruña (marzo 2026)

    Queres coñecer á comunidade Galega de Godot? Esta é unha boa oportunidade para iso. Xuntámonos por primeira vez en 2026 na cidade da A Coruña gracias a A Revolteira, que nos permite empregar as súas instalacións.

    Celébrase o sábado 28 de marzo de 2026 na Rúa da Falperra, 13 a partir das 11:00h. Evento gratuito ata completar aforo.

    Polo momento temos aberto un formulario para propor charlas e relatorios:

    https://framaforms.org/charlas-e-obradoiros-xuntanza-godoteira-a-coruna-marzo-2026-1771866260

    Aproveita esta oportunidade para coñecer xente da zona interesada en facer os seus proxectos en Godot ou presenta os teus xogos nun espazo con alma colaborativa.

    Fediverse reactions