-
Apariencias e realidade
Como se ve na foto, as celebracións poden parar e pasar. O concello aí seguirá, xunto co símbolo da Torre dos Moreno ou o vello escudo da Aduana. Xunto con Ribadeo. Din que as apariencias enganan. Non obstante, as apariencias son os datos que temos das cousas en primeira instancia; é dicir, ata certo punto,…
-
Voltando á realidade despois das festas
O xornal de hoxe parece unha recapitulación. Non só das festas, senón de todo o curso anterior. As taxas no mercado non influíron na presenza de ambulantes (algo que xa se ve, patente, de mércores a mércores). A recuperación da propiedade pública da Torre dos Moreno avanza moi lentamente, pero non se perde o norte…
-
Sobre a Atalaia, hoxe
Despois de falar varias voltas a poucos no blog sobre o tema, aproveitando parte dunhas fotos que tomei xa hai case o mes, inserto hoxe dous artigos, un xa publicado na comarca, de José Emilo Amor, e outro a medio publicar, de Pancho Campos. A dicir que o primeiro (o da imaxe final, que lembro…
-
Unha pequena frase
Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…
-
Unha e mil vivendas
Mergullándome para buscar unha serie de fotos atopeime con esta xa vella (2005) foto do ascensor da Torre dos Moreno (algunha das citas e fotos en Ribadeando: 1, 2, 3, 4, 5, 6, … hai moitas máis), unha das casas da serie de Casas de Indianos do blog, que aparece tamén recollida na Galipedia. O…
-
Apatía de Ribadeo
De novo aparece a apatía. Esta volta entre os comerciantes, como un dos puntos básicos para que despois de 9 anos Gervasio Cao deixe a presidencia da Asociación de Comerciantes. Coido que nalgúns puntos, Cao e máis eu temos coincidencia de opinións. Noutros, oposición total. Así, por exemplo, aparece como un dos logros punteiros alardeados…
-
Unha ponte nosa
Mentres comezan as primeiras escaramuzas electorais, a conta das banderolas do BNG que xa están postas (coido que nas eleccións pasadas tamén foron os primeiros en colgar anuncios dos seus candidatos), a vida segue, e o avance das obras da ponte dos Santos, tamén. O caso é que díxose (onde estará esa documentación de…
-
De novo
De novo en marcha, coa rede OK. Onte participei nun debate en onda cero onde ía a haber máis temas, pero comezou e centrouse de xeito animado sobre a normativa que afecta ás reparacións no casco vello e os decretos de final da semana pasada que asinou o alcalde para aplicala. Unha pequena lembranza: hai…
-
Ribadeo segue caendo
Hai xa preto de dous anos que saíu ‘Ribadeo falls‘, e parece que fora onte: Ribadeo en moitos lugares segue sendo un desastre parello, e nalgúns outros, aínda peor. O entorno da Praza de Abaixo coido que se merece outra cousa. O Colexio (a pedra do balcón foi referida no blog a semana pasada) e…
-
Os estorninos, o balcón e a lúa ó anoitecer en Ribadeo
Unha entrada curta para deixar plasmadas varias imaxes tomadas ó atardecer en Ribadeo: os estorninos voando (o vídeo pode verse abaixo), o pedazo de balcón do antigo colexio caído (na foto non se ve, pero vese un sitio lógobre que é o que ocupa o colexio, e a lúa capturada detrás da Torre dos Moreno,…