Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: torre dos Moreno

  • Chegados a esta noite

    Non ten por que ser doado pasar un día, chegar á noite próxima como referenza. Onte, senir máis lonxe, declarouse un incendio en Ove. Co vento reinante, non foi doado apagalo, pero houbo sorte: aínda non estaba moi extendido e puido facerse rápido. Onte, asemade, unha árbore fixo descarrilar un tren na Mariña… Poir iso,…

  • De gatos, cactus, sombras, …

    Onte, ó pouco de enterarme dunha nova compra de Paisajes de Asturias , -relacionada polo que parece co grupo Capio, á súa volta, relacionado con abondas adxudicacións hospitalarias en Madrid e con cabeza visible en Victor Madera Núñez– en Ribadeo (a do Cine Colón), volvín pasando polo frente doutra das súas propiedades, a Casa dos…

  • A Torre dos Moreno, dende outro punto de vista

    A Torre dos Moreno, edificio emblemático de Ribadeo, ten múltiples faces, moitas delas descoñecidas pola maioría de nós. Esta entrada é só unha pequena aportación máis á súa actualidade, contrastando partes xa tratadas con outras totalmente danadas, aínda en penoso estado.

  • Xira alternativa

    Onte foi a xira de Santa Cruz 2013. Despois da polémica que a antecedeu, coido que foi abondo normal, dentro do normal que se pode cualificar un día así. A temperie acompañou e Ribadeo estivo petado pola mañá. Como xa é tradicional a xente comezou a desaparecer do pobo cara a mediodía, pero preto da…

  • Gaiás, Gaiás, …

    En Galiza, o mesmo que en Galicia, non se toma como referencia o aeroporto para aves de Castellón ou outras obras que pode haber polo mundo adiante, senón o Gaiás. símbolo de gasto superfluo ou desaproveitamento, de gasto desmesurado, certamente sobrepasa e pode servir de referenza para moitas outras obras, aínda que lle saian competidores…

  • Ribadeo e os vascos

    Artigo de Pancho Campos publicado na Comarca de 20130525 Facer unha breve historia sobre Ribadeo e os vascos, non é doado pois sempre quedarán algúns sin nomear, pois non se atopa información xeral o respecto. Eu decidín guiarme polo nome dos vascos máis relevantes que viviron, traballaron e fixeron negocios no noso pobo, e que…

  • Que hai do meu? (e III)

       Anteriores:    Que hai do meu? (I)    Que hai do meu? (II)     A declaración institucional sobre as pintadas no Juanín foi aprobada de xeito unánime. Unha mexada fóra do testo así …     Chegouse a rogos e preguntas, e houbo unha morea, dos que recollo só algúns que por algunha razón me…

  • A saída do túnel

    Así, movida, vendo luz exterior, ó tempo que o fotógrafo, eu, quedaba na obscuridade, quedoume hai algún tempo unha foto. Hai algún tempo, quizáis cando os ‘brotes verdes’ ou cando tras un ano de novo goberno todos os males do país estarían curados. Hoxe paréceme unha esperanza que se alonxa, como o grupiño de xente…

  • Sobre as obras na Torre dos Moreno

    Xa vira pouco a pouco a evolución das obras na xa maiormente vendida Torre dos Moreno. Onte, acompañando un amigo, tomei algunha foto: coido que para un edificio emblemático de Ribadeo que se vai reparando pouco a pouco, o ter unha constancia gráfica dos seus cambios é importante.  Da fronte do edificio xa hai fotos…

  • Quizáis, nostalxia. Quizáis, só historia. Unha foto do ascensor da ribadense Torre dos Moreno.

    Remato de rescatar do arquivo unha foto do 2005 do ascensor da Torre dos Moreno, onde se ve o estado de conservación xa daquela do interior do edificio, con cascotes mesmo despois de ser reforzado.