Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: torre dos Moreno

  • A torre dos Moreno e o concello: documentos

    Comoqueira que estes días están a verse na prensa diversas novas sobre o futuro da Torre dos Moreno, deixo aquí un brevísimo resume do pasado e as notas que o concello puxo a disposición o día 4 de xullo a raíz da xunta mantida o día 3, deixando o dar a miña opinión para outro…

  • Centenarios

    O edificio da Torre dos Moreno segue en pé. E xa ten cen anos. Celebración polo seu cumpre? Non tivo. O desaparecido tren a Vilaodriz xa os cumpriu hai tempo. Non lembro tampouco celebración. Agora tócalle o turno a un proxecto fallido, agora que estmos en loita pola conservación do tren pola cornixa cantábrica. Este…

  • Revisando a fin de semana en Ribadeo: Catedrais e Rueiro

       Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a dúa novas pequenas pero que me chamaron a atención e diversos motivos e por iso paso a comentar.     A primeira, un artigo  (1/3 de páxina) na Comarca, ‘comentarios al plan de protección de As Catedrais’, do ‘Grupo Municipal del PP de Ribadeo’.…

  • Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral

    Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2…

  • Placas de Sargadelos ilustrando o rueiro de Ribadeo

    Hai case un mes foi anunciado polo concello que se ían poñer 32 placas de Sargadelos ilustrativas de diversos lugares da vila. O día 16 o concello emitiu unha nova nota de prensa coa inuauguración do novo viario, a posta da primeira placa, na rúa Ibáñez. Anunciose daquela que en poucos días estrían postas as…

  • Escudos de Armas da antiga Fortaleza de Ribadeo. Francisco José Campos Dorado

    A antiga Fortaleza de Ribadeo, que se encontraba onde hoxe se levanta a Torre dos Moreno, estaba formada por dúas torres, murallas e casas vivenda, descrita con todo luxo de detalles na inestimable obra, “Ribadeo Antiguo” de Francisco Lanza Álvarez (páx. 133-142). Nesta antiga edificación, había dous escudos xemelgos e acolados (que se arriman por…

  • 25 X: chámalle x (e despexa a incógnita)

        Día de Galicia. Día da Patria Galega. Día de Santiago… e algunha celebración atribuíble máis fan que o significado do 25 de xullo sexa múltiple. Algo bó, mentres se teña clara a convivencia e o común.     Calquera que rastrexe no blog poderá atopar que as reseñas do 25 de xullo van asociadas ó…

  • Adecentamento do cantón

    Hoxe, ó pasar polo parque, leveime unha agradable sorpresa. Cambiaran a cobertura do baixo da Torre dos Moreno no cantón. Non hai unha perspectiva na que cadre exacta a superposición, pero aproxímase abondo, como pode verse na foto. Un pouco máis en detalle, obsérvase mellor a calidade percibida da reprodución:  O cambio foi realizado moi…

  • Casas de indianos en Ribadeo

    Casa do Óptico e cuartel vello, dúas casas de indianos Hai case dez anos, despois dunha charla de Ernesto Cruzado, fun metendo algunha foto e datos de casas de indianos do núcleo urbano de Ribadeo. Chegou o momento de retomar o xa feito para actualizalo e amplialo, e como primeiro paso (que a cousa irá…

  • Tobogán a Cabanela

    Onte pasei por Cabanela. Dixéronme dunha obra que se estaba a facer alí, e si, é unha Obra, grande. A zona quedará transformada, posta ó día, aínda que non se actúe sobre a zona da baixada á casa do bispo. O resultado desa posta, descoñézoo. E, mellor que comentar, as fotos dan unha idea da…