-
Xuntanza pola paz. A que vén, e a que foi
Deixo a convocatoria da xuntanza pola paz deste domingo próximo en Ribadeo, xunto cunha referencia ás verbs ditas o domingo pasado. Guerras hai moitas, e semana tras semana lémbranse o Sahara ou Ucraína, mais o cartel está centrado en Palestina, onde hai tempo que a guerra ten dexenerado en xenocidio. A lembrar…
-
Plataforma pola paz. Dende Ribadeo
Foto de AWorldtoTravel 31 de marzo de 2024, domingo. De novo, concentración pola paz en Ribadeo ás 12:30 diante do concello. Entre trinta e corenta persoas xuntámonos nun curto acto que rematou, como é habitual, co Grândola, vila morena. A principal intervención foi a de Evaristo Lombardero, que leu e comentou algún parágrafo…
-
Plataforma pola paz. Seguimos.
Mentres seguen a caer bombas, mentres seguen a matar xente… tentamos construír a paz, aínda sabendo que o que facemos non é máis ca un gran de area. Este domingo, despois de rematar co Grândola, vila morena a concentración, está previsto para quen queira, facer o recorrido das pedras da Memoria. En…
-
Máis sobre o Albiz
Albiz. 1000 Tm. Iso é o que se pretende descargar a partir de domingo se seguen a fallar as manobras de desenvaramento na ría. Baixar de 3500 Tm de carga a 2500 (a carga máxima do buque está en 3900 Tm). Mentres os Sertosa 19 e Sertosa 30, seguirán a intentar que o buque…
-
Segundo día de mobilización estatal pola paz. Ribadeo
Esta mañá, conforme á convocatoria, no pórtico do concello, protexidos polas columnas dun tempo de cans, xuntáronse unhas 50 persoas pola paz, como deixan testemuña as fotos de Suso Fernández e de Jesús Irigoyen. Acompañando ás fotos desta concentración, unha das 85 ó largo do estado, este domingo, deixo tamén unha das actividades, a…
-
De paz e outras cousas
A masacre de Gaza xa ten reemprazo nas novas: as revoltas de agricultores, primeiro en Francia e agora tamén en España, conseguiron o relevo, ao menos parcial, nestes momentos. Non importa que se estea a obviar o meollo da cuestión e se estea polo tanto, a desinformar. O caso é que xa hai substituto…
-
Da concentración de onte sobre paz
Domingo? Concentración sobre a paz. Chámoa se queres misa laica, ou xuntanza de amigos concienciados, ou… pero defende a paz. En Sudán, no Congo, en Somalia,… e si, tamén na Ucraína e claro, en Palestina, esta última, esa guerra que pasa por riba das máis tibias acusacións na súa contra subindo o número de…
-
E Deus dixo: ‘Haxa Paz!’. E a paz fíxose…
E Deus dixo: ‘Haxa Paz!’. E a paz fíxose… O certo é que procurando na biblia non atopo a frase do título por ningures. Será que Deus deixou esa labor como menor, para a xente, para nós. Mais, visto o visto, coido que se debeu equivocar. Tanto pola dificultade da tarefa como pola…