-
Pola paz

Di o calendario que unha semana tras un domingo ven outro, en sucesión infinita mentres haxa quen o conte. As concentracións pola paz seguen coa esperanza de que, aínda que sexan en domingo, terán un final porque a paz terase acadado. Deixo a convocatoria de Suso para un domingo máis, este domingo 16…
-
Xuntanza pola paz. A que vén, e a que foi

Deixo a convocatoria da xuntanza pola paz deste domingo próximo en Ribadeo, xunto cunha referencia ás verbs ditas o domingo pasado. Guerras hai moitas, e semana tras semana lémbranse o Sahara ou Ucraína, mais o cartel está centrado en Palestina, onde hai tempo que a guerra ten dexenerado en xenocidio. A lembrar…
-
Plataforma pola paz. Dende Ribadeo

Foto de AWorldtoTravel 31 de marzo de 2024, domingo. De novo, concentración pola paz en Ribadeo ás 12:30 diante do concello. Entre trinta e corenta persoas xuntámonos nun curto acto que rematou, como é habitual, co Grândola, vila morena. A principal intervención foi a de Evaristo Lombardero, que leu e comentou algún parágrafo…
-
Plataforma pola paz. Seguimos.

Mentres seguen a caer bombas, mentres seguen a matar xente… tentamos construír a paz, aínda sabendo que o que facemos non é máis ca un gran de area. Este domingo, despois de rematar co Grândola, vila morena a concentración, está previsto para quen queira, facer o recorrido das pedras da Memoria. En…
-
Máis sobre o Albiz

-
Segundo día de mobilización estatal pola paz. Ribadeo

Esta mañá, conforme á convocatoria, no pórtico do concello, protexidos polas columnas dun tempo de cans, xuntáronse unhas 50 persoas pola paz, como deixan testemuña as fotos de Suso Fernández e de Jesús Irigoyen. Acompañando ás fotos desta concentración, unha das 85 ó largo do estado, este domingo, deixo tamén unha das actividades, a…
-
De paz e outras cousas

A masacre de Gaza xa ten reemprazo nas novas: as revoltas de agricultores, primeiro en Francia e agora tamén en España, conseguiron o relevo, ao menos parcial, nestes momentos. Non importa que se estea a obviar o meollo da cuestión e se estea polo tanto, a desinformar. O caso é que xa hai substituto…



