Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Noticia! Dous meses sen novas de verquidos do CAVI!

    Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na ‘Voz’ dese día deixa clara a situación: “Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo Es lo mismo que ocurrió en…

  • Provocando?

    Non e si. Ses ven ó IES. Esta é letra dunha das súas cancións, para ir aproximándose á actuación (e máis aló). Chama a atención, vai que si? E si, tenta provocar o cambio. Pero non é unha provocación a unha persoa, senón á persoa.

  • Mirando Ribadeo con outros ollos. Educar a mirada

    Pregúntalle a 10 persoas menores de 20 anos onde está a Fonte Cavada. Ou a Rúa dos Fornos. Ou a rúa da Muralla. Ó mellor coñecen máis as Ramblas ou a Porta do Sol. Por se con iso non te queda claro, pregúntalle se desfrutan paseando por Ribadeo, vendo os seus detalles. É posible que…

  • O comezo da historia de Ribadeo en internet

       O outro día pedíronme o correo electrónico  para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.     Hai unha parte, anterior á web,…

  • Mirando fóra: hoxe, corrupción

    De súpeto remato de atoparme un correo da Open Knowledge Foundation España ó partir do que chego a unha nova web interesante  neste mundo da apertura de datos en España: o ‘repositorio de datos sobre procesos de corrupción‘ do Consello Xeral do Poder Xudicial. Despois dunha primeira ollada, coido que os datos son máis ben…

  • 450 € por terraza

    De media, cada unha do aproximadamente medio centenar de terrazas (en xeral, zonas de ocuapción de rúa) ocupando as rúas de Ribadeo costará este ano 2017 uns 450 €, supoñendo para o concello uns 23 000 €, segundo dato da prensa de hoxe. Claro que, coa moi diferente ocupación que fai cada local da rúa,…

  • Sorpresa! si?

    PSOE: dous concelleiros na actualidade, neste mandato en Ribadeo. O primeiro, Roberto Ramos, xa dimitiu hai tempo, quedando no seu lugar a terceira da lista, Aurora González. Agora, o segundo da lista, David Fernández, tamén dimite. Co que lle tocaría ó cuarto da lista entrar, Camilo Vázquez. Pero non, nin o cuarto, nin a quinta,…

  • Agresión machista con subtítulo

    Imaxe (recortada) de wikiHow O primeiro que me atopo ó mirar o xornal esta mañá: a nova dunha agresión machista en Ribadeo. Na rúa, sábado pola noite. Polo que parece, xa está sendo investigado despois de ser identificado o mozo. Ata aquí, por desgraza, algo ó que xa estamos afeitos, ‘normal’. O que xa non…

  • Mañá xa remata (Fitur)

    Miro a ficha técnica, por se acaso e si, mañá xa remata FITUR. Procuro no seu buscador ‘Ribadeo‘ e aparéceme o Parador como empresa participante. Só o Parador. Procuro por ‘O Cabazo’, que vin en fotos que estaban os seus donos na feira, e non sae. Procuro por ‘A Mariña’, e obteño como resposta uns…

  • Deslinde do concello de Ribadeo

    Aló polo 1927 debían ter problemas de deslinde os concellos de Ribadeo e Barreiros, polo que encargaron a Jesús García Rodríguez, de A Devesa, o deslinde do concello de Ribadeo, por unha beira, e o deslinde do concello de Barreiros, pola outra. Traballos que executou e polos que parece que cobrou no seu momento algo…