-
Minucias (cales, unhas ou as outras?)
Vexo hoxe no xornal que hai en marcha un expediente para impoñer unha multa de 2000 € a un club de alterne no concello de Ribadeo. Polos datos, queda claro que é o que hai á entrada da desviación de Rinlo. E esa é a nova: unha multa de 2000 € por incumprimento da lei…
-
Adeus, España! Benvida, Marca España!
Aínda non me recuperei do susto de que onte, El Rey presente, foran nomeados embaixadores honorarios da marca España. Si, si, da Marca España, non de España. Traducido, embaixadores do nome comercial e produto dunha suposta empresa España. De xeito oficial, aínda que, polo momento, honorarios. Aínda non, pero como se xa tivera sido así…
-
Hoxe, folga no ensino
Hoxe estamos de folga. Alumnos e profesores. Por que me poño de folga? A resposta ten tres compoñentes, nesta orde: 1.Social. Rexeitamento dunha lei que está sendo imposta, non consensuada, Que foi parada no Parlamento pero que segue mentres non se solucionan cuestión legais. Que é antidemocrática, que favorece a desintegración do ensino para todos……
-
Acurtando prazos
Un día intrascendente, unha entrada intrascendente… Hai xa no blog varias entradas relacionadas coas estatísticas de novas xeradas polo concello. Esta podería ser unha máis. Cun dato claro: dende que entrou en funcionamento e consolidou o sistema de novas do concello, cada ano se necesita menos tempo para que se pase de 50 novas publicadas.…
-
Abandoando Ribadeo
Onte, de novo, un xornal facía un pequeno estudo parcial sobre o envellecemento de Galicia. Neste caso, sobre a idade á que as mulleres en Galicia afrontan a maternidade. Saía algunha curiosidade, como que na zona da montaña lucense hai relativamente máis nais novas que por exemplo na zona de Ribadeo, pero non explicacións, causas,…
-
Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny).
Xa hai oficialmente plan contra a couza guatemalteca: foi publicado hoxe o “Real Decreto 197/2017, de 3 de marzo, por el que se establece el Programa nacional de control y erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora (Povolny)“. Tamén podes acceder, sen descargalo, aquí.
-
Mirando dende Galicia, a ver se ves o mesmo ca min
Deixo embaixo a toma de pantalla dos prezos de dominios de internet dunha empresa (Dinahosting, pero foi casualidade, podería ser outra). E, para corroborar que non é a única na que como mínimo debo dicir que noto ‘algo raro’, deixo embaixo dela outra toma de pantalla posterior (esta vez de Dondominio): (enriba, Dinahosting, embaixo, Dondominio)…
-
Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría
E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae ‘a devolver’ é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae…
-
13 millóns de euros de Ribadeo para os bancos
Esas son as contas: 1300 €/habitante, e Ribadeo ten, en números redondos, 10000 habitantes… E as contas saen de dividir o custe ‘actual’ (pode aumentar aínda) do rescate bancario, 60 700 000 000 € (tamén redondeando, claro…) entre o número de persoas con documentación española (uns 46,7 millóns). O ‘rescate’ non era un rescate, senón…
-
Ribadeo e Varoufakis
Que eu saiba, Varoufakis non estivo nunca en Ribadeo, nin dixo nunca nada sobre o noso pobo. Nomeándoo. Porque sen nomealo, non é xa a primeira vez que as súas verbas lle afectan. Nunha última tribuna de opinión, xunto con Benoît Hamon, onde lle pregunta a Draghi, xefe do Banco Central Europeo, de que ten…
