-
O mentireiro mentireiro
Hai anos que ‘O mintireiro verdadeiro‘ deixou de saír á rúa. Non podía competir cos novos medios. Nin lidiar coa era da ‘posverdade‘, termo cruñado para designar a imposición do que é verdade a partir do que lle interesa a quen ten o poder para impoñela. Nesas andamos na actualidade. Hai xa tempo (outubro de…
-
31 fotos da ría e algún comentario
Coido que a ría de Ribadeo debe ser tamén beneficiaria (estou seguro de que si o é) de toda a propaganda que está xerando o traballo de ‘Por Nuestro Faro’. A notar unha diferencia: sen un peso, o tirón é grande, mentras que Faros de España tirou de chequeira para promoción dun establecemento, non dunha…
-
Arredor da estrada ‘no porto’
Onte a alcaldía liberou unha nota de prensa dicindo que a estrada que evita Mirasol (non ‘no porto’ como pon a nota no título, e que eu copio) seguirá cortada. Aproveita para dicir que ‘neste tema’ están a partir un piñon, o xefe de portos e o alcalde. Mais, hai uns días, aparecía neste blog…
-
Aproveitaches a pasar por Mirasol?
Onte pola tarde, sábado, pasei por Mirasol. Sen garda, sen barreira, tomeino como unha facilidade alternativa destes días deferencia de Portos de Galicia por estar cortado o paso da vía que baixa dende o paseo marítimo e continúa cara a Vila Vella entroncar co que antes foi N-642, a raíz dun derrumbe a semana pasada.…
-
Eleccións municipais en Ribadeo? Dous puntos de lembranza
Estamos a ‘medio mandato’, que dirían por aí. Un motivo máis para exercer unha actvidade que debera ser diaria, a introspección social, seguemento e participación cidadá nos asuntos públicos. Lembroumo hoxe o Facebook, esa ferramenta social que ten influído tanto na política (e segue a facelo! -pero isa é outra historia-). E, repasando, vin varias…
-
In the Galician Letters day, practica o castelán
Non o atopo… onte dinme de bruces contra un anuncio que me invitaba, hoxe, a achegarme de compras a Asturias, a celebrar (en castelán) o día das letras galegas. Quería reproducilo aquí, pero con isto do ‘machine learning’, ‘smart net’ e cousas polo estilo a saber onde estará agochado para perpetrar a seguinte impresión. Menos…
-
Os goles do Ribadeo F.C., penúltima xornada
Está a piques de rematar a liga. Hai un par de semanas fixera varios resumes sobre goles e puntuación do Ribadeo F.C. (1, 2, 3) animando a que dende o club (ou un aficionado, que saberá máis ca min) se fixera de xeito sistemático. Como polo momento non colleu ninguén o testigo, e para non…
-
A illa Pancha é (e segue a ser) cousa de todos. NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A illa Pancha, cun coche dentro, onte (foto Suso Fernández) Dicían que, despois da apertura, o ‘tema faro’ estaba acabado. Se se miran as novas, parecen máis ben que por fin comezou… NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Ao fio das últimas noticias sobre o peche de actividades dos apartamentos da Illa Pancha…
-
Medio mandato, mandato a medias
Aló polo 2003 comezaba a súa andadura unha corporación municipal que, ó ano seguinte, recibiu por parte da AVV O Tesón unha nota en relación ós puntos do seu programa que foran tratados no que ía de mandato, vendo o desenvolvemento de cada un nunha porcentaxe estimativa, poñendo esa porcentaxe en relación co tempo transcorrido…
-
Bandeiras azuis, bandeira negra
Din que as bandeiras azuis son un símbolo do bo estado das instalacións e protección da natureza en lugares que teñen que ver co mar. Coido que xa teño falado máis dunha vez sobre este tema, e axustado que unha entidade privada non pode garantir que o coidado da natureza sexa o representado por unha…
