-
Como poñer unha imaxe de palabras?
Non de unha verba, senón de moitas. Non poñer a verba en imaxe, senón do sentido das verbas… iso quixera hoxe, para anunciar un acto, un ano máis, basado nas verbas. Non escritas, senón transmitidas sen soporte duradeiro, expresadas de viva voz. Hoxe haberá unha representación desas verbas pasandeiras. En Ribadeo, nas escaleiras do parque…
-
Unha curiosidade: ausencia do alcalde
O alcalde non está nin se lle espera antes do 31 de agosto. Chámame a atención este tipo de avisos, feitos con tempo (31 de ‘agosto’, sen corrección polo momento) que se ven incumpridos (o alcalde foi avistado con certeza por Ribadeo o 16, incluído no aviso, e parece que mesmo onte tamén estaría) de…
-
Estiven alí
Onte, a media tarde, a miña idea era falar de outra cousa, ‘máis de Ribadeo’. Aínda despois do ataque, pensei en non falar del, coa idea de que unha das razóns da bestialidade é precisamente a súa difusión. Pero non poido deixar de darlle voltas a unhas cantas cousas, e diso vou falar. A primeira…
-
Repensando a democracia, escoitando
A multitude de actos de diversos tipos que se producen en Ribadeo no verán fan imposible na práctica o seu seguemento. Así pasa esta mesma tarde coa coincidencia da actuación da Coral Polifónica de Ribadeo coa presentación do libro (Re)pensar a democracia. Ti elixe. O que si diría é: participa.
-
Sesé, para desafiucio
Onte estiven falando con José Emilio Amor García, Sesé. Tentou explicarme a súa situación e pediume axuda para difundila: se non se produce algún feito inesperado, espera ser desafiuzado da súa vivenda en Martínez Pasarón, 6,4ºB en calquera momento a partir de setembro. Pretende, chegado o día, congregar xente diante da súa casa, pensando nos…
-
25 X: chámalle x (e despexa a incógnita)
Día de Galicia. Día da Patria Galega. Día de Santiago… e algunha celebración atribuíble máis fan que o significado do 25 de xullo sexa múltiple. Algo bó, mentres se teña clara a convivencia e o común. Calquera que rastrexe no blog poderá atopar que as reseñas do 25 de xullo van asociadas ó…
-
Saca o teu gran
Verán. Rúas ateigadas, praias tamén. Servizos a tope, desbordados polos visitantes. Mentres, cada un de nós segue a manchar e a contaminar, coma sempre. Hai uns anos xurdiu a iniciativa ‘colle3’ (ben, xurdiu en castelán, ‘coge3’) e tomou pulo, mesmo con ramificacións internacionais, mais parece que se está esquecer (aínda que segue a funcionar, como…
-
Pasou a peregrinaxe da Ruta Quetzal 2016
Non vin ós medios deixar reflectido nas súas novas o paso por Ribadeo de 70 rapazas e rapaces de 19-22 anos, autoorganizados, facendo a súa versión do Camiño Norte este ano despois de desfrutar da última edición da Ruta Quetzal o pasado ano. Última porque polo que parece este ano non hai tal ó deixar…
-
Manobra dun cargueiro para entrar en Mirasol
Moita xente de Ribadeo veríao multitude de veces. Algúns, ningunha. Na ría de Ribadeo, ó natural, está dispoñible moitas veces ó ano, aínda que segundo as características a manobra pode variar algo. O vídeo é sinxelo, e permite ver a entrada dun cargueiro, este domingo pasado, con marea morta rematando de subir, dende o paso…
-
Adecentamento do cantón
Hoxe, ó pasar polo parque, leveime unha agradable sorpresa. Cambiaran a cobertura do baixo da Torre dos Moreno no cantón. Non hai unha perspectiva na que cadre exacta a superposición, pero aproxímase abondo, como pode verse na foto. Un pouco máis en detalle, obsérvase mellor a calidade percibida da reprodución: O cambio foi realizado moi…
