Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.483 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Nota de prensa de en marea sobre as festas patronais

    Rematadas as Festas Patronais de 2019 quixéramos suliñar dous aspectos que teñen doada solución para próximas edicións, se estas opinións fosen compartidas: 1º. Os ruidos que xeneran as diversas actividades son particularmente molestos, rebasan amplamente a normativa legal e algunhas persoas tiveron que ser trasladadas aos servizos de urxencias por crises de ansiedade, converténdose nun…

  • Non sei se comprendo

    Coido que non é este o lugar máis idóneo, pero non hai lugar idóneo para algunhas cousas. Resulta que ante a ‘imposibilidade’ de ter apoios para a formación de goberno, hai novas eleccións. Iso supón un gasto de 140 millóns de euros. Gasto oficial previsto, de xeito institucional, se entende, pois polo que di a…

  • Ofrenda aos Remedios. Representante, alcalde de Ribadeo

    O domingo 15 de setembro, Fernando Suárez Barcia, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda aos Remedios, en  Mondoñedo. Coido que, aínda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separación de poderes igrexa-estado do estado ‘aconfesional’ (non non-confesional, segundo…

  • Folga mundial polo clima: Ribadeo

    – Tamén en Ribadeo, apoio á folga mundial polo clima do 27 de setembro.

  • Hoxe, a manifestación do 7

    Un mes máis, en Ribadeo houbo saída á rúa dos pensionistas. Esta vez, en festas, o sete. Esta vez, de novo, en forma de manifestación, que saíu do concello ás 12 e volveu ó concello despois de pasar por cantón, Pza. de España, Villafranca, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reinante, Avda. de Asturias e…

  • Das oito da mañá á democracia

       Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que…

  • As catedrais e o mar

    O mar fixo, o mar desfai. De novo, un derrumbe nas Catedrais. Normal. Os cantís da costa derrúmbanse. O ataque do mar forma covas, artella arcos e tamén os destrúe. Parece que non se lembran os prognósticos que sinalan que é abondo probable que o aspecto dos arcos sexa ben diferente nun par de décadas,…

  • Os soldos das corporacións mariñás no pasado próximo

    Hai pouco que cambiaron as corporacións locais, e con elas, a distribución de custes a cargos electos dentro de cada concello, datos que polo momento non teño. Mais, a auga pasada, lembrei un artigo de José Alonso na Voz no que collía os datos do Ministerio para detallar o custo das corporacións locais da Mariña…

  • Mirando ó mundo: EEUU en precampaña

    Hoxe atopei unha páxina que permite mirar a política dos EEUU esta tempada e comprender algo máis do que alí sucede, incluídos o tiroteo antihispano de esta semana, e con esa comprensión, facerse unha idea de como funciona / consecuencias inducidas do tema por lugares máis próximos a estes lares. Trátase de https://2020campaigntracker.com, unha páxina…

  • A contaminación no mar: falando dela

    O pasado sábado participei na mesa redonda ‘a contaminación no mar‘ que tivo lugar en S. Cibrao, con participación asemade de Carlos Nuevo Cal e Pablo Mosquera Mata. Completáronse as intervencións da mesa con varias intervencións e as respostas correspondentes, centrándose en aspectos moi diferentes do tema e cunha adicación da parte final máis que…