-
Actores ribadenses
Non pretendo aquí deixar conta máis que dunha curiosidade: actores ribadenses que aparecen na IMDB, Internet Movie Data Base, unha páxina web completamente accesible de recursos cinematográficos. Poño só uns poucos, rstrinxidos a unha soa película: Os mortos van ás présas, película pola que cheguei ós datos. Aquí quedan algunhas das reseñas, que copio ó…
-
A ilusión da arte
Imaxe do tríptico ‘A métrica do ilusionismo’ Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte. Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha…
-
O nome da Ría de Ribadeo. A voltas co nome.
Como esta tempada os políticos asturianos, en procura de polémica para chamar a atención, andan querendo darlle unha nova volta ó nome da ría, deixo de novo o documento da “Comisión de Nombres del Consejo Superior Geográfico”, lembrando que non hai voltas de folla que darlle, a máis de lembrar tódalas veces que foi tratado…
-
Estamos na hora das promesas
Comezando coa COP 25, chegan as promesas. Como só son promesas, sen consecuencias punitivas en caso de incumprimento, e a comunidade mundial non é especialmente compacta para presionar, importa un bledo que o mundo se vaia ó garete. Chaman a atención diversas cousas, comezando pola propia realización da conferencia mundial en Madrid. Si, porque estaba…
-
Luz sobre a luz: Nadal 2019/2020
O acendido da ‘luz do Nadal’ nalgunhas cidades con máis dun mes de antelación á celebración do Nadal voltoume lembrar o tema que xa tratei en ‘Os deslumbrados non poden ver o ceo‘ e en ‘A pista de xeo de Ribadeo morreu‘, e levoume a facer como complemento a táboa seguinte: Aí se pode ver…
-
Fotos denuncia
Pasáronme martes estas fotos para denunciar as condicións nas que alguén se desfixo de tubos fluorescentes, un aparello que necesita ser tratado con coidado polas substancias que ten no seu interior e a conveniencia do seu reciclado. En Ribadeo hai onde botalos, e as tendas teñen que recibilos tamén. Pero neste caso, sete tubos de…
-
A pista de xeo de Ribadeo morreu
Polo que parece, morreu de éxito: cada campaña era un éxito, ata a desaparición final. A última, con tanta concorrencia que deu un saldo negativo de 27 000 € para o concello. Ou sexa, 2,7€ por cada ribadense -que tal unha viaxe gratis a conta deses cartos?- ou 185 € por cada comercio de ACISA…
-
Elección non rima con bon
‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades‘ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que…
-
Rueiro ribadense. De Porcillán ás catro calles
As novas placas de Sargadelos dan moito xogo. Na subida por Antonio Otero dende que se sae de Porcillán ata chegar á zona das catro calles, aparecen uns cantos abondo ilustrativos. O mapa centrado na subida: No comezo da rúa da muralla (é dicir, subindo á dereita) está o rótulo da antiga porta de Santo…
-
Ruta do encanto
Por fin a ruta do camiño do encanto está chegando a ver o día. Xa comprensible nos carteis que debuxan un recorrido polo interior do concello que sae da oficina turismo, pero que na realidade comeza en Ove (igrexa e hórreos sobre a estrada), segue polo mirador de Santa Cruz, e pola LU-133 pasa á…
