Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Pasando sobre dalgunha medida de fase

       Corto e pego abaixo o que remato de ver no Facebook do alcalde de Ribadeo (non está aínda nas novas da web do concello), e deixo antes algún apunte que tomei días pasados. Non para ir contra do goberno, que penso que non o está facendo tan mal dentro das posibilidades que ten a…

  • Procurando líder

    Líder inscrito na constitución.    Pasou o tempo dos líderes? Gustaríame dicir ‘si’, pero coido que a resposta correcta é ‘non’. A calquera nivel, do internacional ó local, e viceversa.    Comecemos por que me gustaría dicir que si. Se somos libres e polo tanto librepensadores, coa implicación de que actuamos dun xeito maduro, a…

  • As terrazas en Ribadeo na época de transicón polo coronavirus

    Remata de ser difundido o decreto da alcaldía. E, mellor que comentalo, lelo directamente. Aí vai: O comentario da alcaldía.

  • Lembrando cousas do mercado de Ribadeo: 2008/2009

    A conta da reapertura do mercado hoxe, en plena desescalada do estado de alarma pola pandemia, lembro que hai poucos días pasaron polas miñas mans un par de documentos que xa son historia do mercado: a proposta, feita na crise do mercado no inverno 2008/2009 dos comerciantes para actualizar o pago de plazas, e o…

  • Normalizando? Día de mercado en Ribadeo

       Hoxe merquei no aparcadoiro, no lugar provisional do mercado semanal dos mércores en Ribadeo. Pouca xente (tamén era cedo), maioría de mascariñas, abrumadora entre os vendedores, pero non entre os clientes, sensación de aprendizaxe nunha situación que só se considera provisional a medias, e sentemento de que por algures hai que continuar cara a…

  • Voltando sobre un tema: mascariñas

       As mascariñas, esas proteccións que viñeron para quedarse longo tempo, seguen a estar no centro da xestión da pandemia. Deixo a un lado neste post o inicial menosprezo da súa valía, (para min ligado a) a súa falta nas primeiras semanas de estado de alarma e cousas semellantes. Centrémonos na lóxica dos datos.   …

  • Os outros cambios de fase

    Diagrama de fases (para a auga) en chino. Lic. CC-BY-SA-3.0, dende https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Phase-diag-zh.svg Xa estamos axeitados a falar de fases. Todo o mundo sabe en que fase estamos. Vemos -máis ou menos, coa confusión lóxica en cada transición- cambios que significa. Asumimos que a loita contra a pandemia inclúe unha estrutura de fases de desconfinamento, que…

  • Primum vivere, deinde philosophare: do DNI ó móbil e das moedas ás tarxetas

    Graffiti en Ribadeo    “A política non me interesa” é algo mantido ata que… se entende que son decisións políticas as que controlan as nosas vidas, como as que teñen obrigado ós médicos a ter que elixir entre que enfermo van tentar salvar e cal van sacrificar. Non, o anterior non é algo que se…

  • Dous cafés (de cafetería)

       Pequenas cousas que lle dan un punto á vida. Nimiedades, mesmo cousas superfluas que se ven como normais, son botadas de menos en situacións como a actual.    Este mañá coincidiume pasar por diante da cafetería La Lira mentres tiña a porta aberta -pero cunha cadeira no medio para evitar o paso- preparando no…

  • Baixamos un posto

       Non se trata de conseguir unha clasificación para os xogos olímpicos nin nada polo  estilo. Trátase do número de mortos polo coronavirus, ese que aumenta cada día e que en cada estado (mesmo dentro, nas divisións administrativas que poda ter) se mide de xeito diferente, mesmo con cambios no tempo, quizais para favorecer a…