Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.618 entradas
49 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Tres anos? Non, moitos máis…

    Foto de Suso Fernández Collo unha foto que Suso Fernández ten publicada nas redes para lembrar o mesmo que el pretende: hai tres anos que comezaron as concentracións de pensionistas en Ribadeo. Cambiaron diversas cousas dende aquela: non hai foto de periodista (si de Suso, que as doa á prensa se quere publicalas), a xente…

  • Que fixemos para non ser rescatados?

       Hoxe por hoxe, despois do rescate á banca (non fixo falta para iso coronavirus) ou ás autovías (tampouco…), o pagar por non deixar executar contratos que outras administracións tiñan concedido alegremente (tampouco para isto), subvencionar ás eléctricas se o mercado non respondía abondo (fai falta seguir?), atopámonos coas peticións de rescate a conta do…

  • Menos mal que nos queda Portugal

       Teño a idea, dende que lembro, de que a frase ‘menos mal que nos queda Portugal’ non era desprezativa para os nosos veciños, senón todo o contrario, que significaba para nós o alivio dun socorro seguro se facía falta no último momento, e cos medios limitados que tiñan. Abondo máis adiante na miña vida…

  • Discurso de reis 2021 en Ribadeo

    Os discursos de reis son pezas literarias e sociais de primeiro orde. Pode que a súa edición nun libro quedara moi repetitiva, mais coido que sería convinte para trazar unha historia de Ribadeo. Aquí queda o deste ano, e abaixo, un pequeno vídeo da cola para ver ós reis:    “Moi boas noites, benqueridos amigos…

  • 12 anos do equipo Galicia xogando en chess.com

       Hoxe por hoxe xógase ó xadrez abondo máis por internet que de xeito directo. O certo é que non teño unha fonte de datos con números fiables para apoiar o que digo, pero polo que coñezo despois de ter xogado ó xadrez durante medio século, apostaría unha boa cantidade a que así é.   …

  • Tamén vota

       Remato de recibir a imaxe anterior. Unha das moitas que circulan pola rede. Cólloa para ‘aledarme o día’, como tenta implicar o avatar que titula a frase. Ou mellor, para non rirme dos demais, senón para aprender con eles. Nos dous sentidos, aprender co que fan, posto ‘negro sobre branco’ polo ‘alégrame el día‘,…

  • Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1) . Evaristo Lombardero

      Hospital asilo de San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo Covid 19 no Hospital-Asilo de Ribadeo (1)           A primeira noticia en medios oficiais sobre o brote de covid-19 no Hospital Asilo de Ribadeo coñeceuse o día 23 de decembro de 2020. Nesa data a paxina web do concello decía o seguinte:  “Tres residentes…

  • Unha luva

     Unha luva    Unha pequena historia, comezos de ano. Unha luva como protagonista que queda, coa desaparición da (ou das) protagonista principal.    A historia de fondo é curta: paseando con tranquilidade e tempo, un día frío e con chuvia intermitente, empuñando paraugas e unha bolsa, a rúa case baleira, perdo unha luva. Como? Despois…

  • Nota de prensa con ledicia: vacina

       Hoxe mesmo, esta mañá, teño publicado o artigo “As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores“. Con ledicia entérome dunha nova nota de prensa hoxe, que en nada varía ó publicado no artigo pero que cáusame ledicia ó tempo que vai na liña da esperanza: hoxe foi comezada a vacinación en Ribadeo, no…

  • As notas de prensa do concello: 2020 e anteriores

       Aló polo 2007 poñíase en marcha de xeito experimental un mecanismo que se normalizou a partir do 2009. A publicación polo concello das súas propias notas de prensa. En realidade, a edición e publicaciń na web do concello foron contratadas cunha empresa, non sendo raro ver a noticia publicada nalgún medio antes que na…