-
Ruta do encanto
Por fin a ruta do camiño do encanto está chegando a ver o día. Xa comprensible nos carteis que debuxan un recorrido polo interior do concello que sae da oficina turismo, pero que na realidade comeza en Ove (igrexa e hórreos sobre a estrada), segue polo mirador de Santa Cruz, e pola LU-133 pasa á…
-
Por ti, a Madrid
Nestes momentos, unha delegación de xubilados de Ribadeo viaxa camiño a Madrid, á manifestación estatal na que participa xente de toda España, incluídos quenes fixeron a marcha a pé dende máis de 600 km de distancia. O dicir delegación é máis un desexo que unha realidade. Trátase máis ben dunha representación que saiu ás 11…
-
Fake news, fake economía, fake política…
A propagación da mentira como moda. Coido que esa frase pode ser o resume dun dos fenómenos máis perigosos que está a vivir a sociedade nos tempos que corren. A invasión das fake news, as falsas novas, é un feito. Sempre as houbo, pero a magnitude actual e a credibilidade que se lles está a…
-
Clientelismo, caciquismo ou outra cousa?
De Castelao. Imaxe collida dun blog, que o colleu doutro, que… mentres, a historia segue Definicións do dicionario da Real Academia Galega: Clientelismo: Práctica social e política en que se establecen relacións de dependencia entre persoas ou organizacións poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios…
-
As obras do campo de fútbol
Obras no campo de fútbol, onte. As obras do campo de fútbol xa van mediadas. Non sei se quedan lonxe os días da petición e a polémica (parece un deporte local) tras os sucesivos encharcamentos do Pepe Barrera. Quedan abaixo unha entrada e dúas notas de prensa con boa cara no camiño até hoxe, a…
-
O clima? Que clima? Nós!
Fotos: G. Gómez O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte ó concello de Ribadeo, ás 20 horas, unha concentración polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixión se lle ocorreu meter nun libro, o da Xénese, aquelo de ‘esparcídevos e dominade a Terra’. Aínda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das…
-
Folga Mundial polo clima: Ribadeo (actualización)
Nota aos medios O día 27 de setembro, ás 20:00 horas terá lugar unha concentración diante do concello de Ribadeo para sumar a cidadanía do noso entorno á Folga Mundial Polo clima. Este evento está potenciado a nivel mundial de xeito colaborativo por numerosas asociacións e movementos como FridaysForFuture ou Extinction Rebellion, desarrollando accións durante…
-
Nota de prensa de en marea sobre as festas patronais
Rematadas as Festas Patronais de 2019 quixéramos suliñar dous aspectos que teñen doada solución para próximas edicións, se estas opinións fosen compartidas: 1º. Os ruidos que xeneran as diversas actividades son particularmente molestos, rebasan amplamente a normativa legal e algunhas persoas tiveron que ser trasladadas aos servizos de urxencias por crises de ansiedade, converténdose nun…
-
Non sei se comprendo
Coido que non é este o lugar máis idóneo, pero non hai lugar idóneo para algunhas cousas. Resulta que ante a ‘imposibilidade’ de ter apoios para a formación de goberno, hai novas eleccións. Iso supón un gasto de 140 millóns de euros. Gasto oficial previsto, de xeito institucional, se entende, pois polo que di a…
-
Ofrenda aos Remedios. Representante, alcalde de Ribadeo
O domingo 15 de setembro, Fernando Suárez Barcia, como Alcalde de Ribadeo, fixo uso da quenda establecida que lle asignaba a Ribadeo o facer a ofrenda aos Remedios, en Mondoñedo. Coido que, aínda que non sexa un moi de igrexa ou sinxelamente, sexa partidario da separación de poderes igrexa-estado do estado ‘aconfesional’ (non non-confesional, segundo…