Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Desisto?

    Desisto?

    Collido a través de https://jotapov.com/2021/02/18/el-sindrome-sherwood-lo-que-ocurrio-ayer-en-sol-no-fue-una-actuacion-policial-sin-mas/    Desisto. Esa é a idea que me ven á cabeza con certa frecuencia dende hai algún tempo. Rescate aos bancos dicindo que o van devolver, pero sabendo que non sería así? Desisto! Promesas electorais que non cre ninguén (aparentemente) pero que parecen causar o efecto desexado unha e outra…

  • Hoxe as traballadoras do centro de día están en folga

    Hoxe as traballadoras do centro de día están en folga

    O centro de día de Ribadeo, antigo matadoiro.    Traballadoras esenciais -non por estaren feitas de esencia, senón por dirixir o seu traballo ás necesidades esenciais, vitais, doutra xente- e, o mesmo tempo, baqueteadas e menosprezadas, pode que por estar adicadas a un grupo de xente que se trata ás veces de facer (coma se…

  • Hoxe abre a praza de abastos

    Hoxe abre a praza de abastos

       Rematadas as obras, hoxe abre a praza de abastos. Non é un anuncio de atenuación de medidas anticovid, senón a volta a unha certa normalidade despois dunhas obras. Pero non deixa de ser un suspiro desa ‘certa normalidade’ na vida diaria.    A nota de prensa do concello (xa do sábado).

  • Un castelo para unha princesa

    Un castelo para unha princesa     A comparación de titulares estase a converter nun pasatempo divertido. A última quenda deuma a nova dos estudos dunha princesa. Como non podía ser menos, había que comunicarlle á prensa que ía formarse fóra, seguindo a tradición familiar, para facerse mundana. E, quizais para minimizar algún aspecto, había que…

  • A nosa loita, en mans doutros. E non son mercenarios nosos.

       Os nosos datos eran nosos. Antes. E agora.  Mais hoxe o mundo funciona como se non nos pertenceran. A rede está pragada de casos que así o amosan.    Non debera ser. Se os xeramos nós, teremos algún dereito. Non nos confundamos, non me refiro ós monetarios, que neles se baseou o sistema de…

  • Visitando o proxecto de Ordenanza de protección medio ambiental

    Visitando o proxecto de Ordenanza de protección medio ambiental    Antonte, 2 de febreiro, saltou a nova (por parte do concello) de que xa estaba disposto o proxecto de Ordenanza de protección medio ambiental de Ribadeo. Ben, en realidade, a nota de prensa está datada antonte, e o colgado na web fíxose antonte, polo que…

  • Primeiros días dun ano post traumático

       Din que de ilusión tamén se vive, e o mes que cumpre hoxe non deixa de pertencer a un ano post traumático porque o 2020 foino. Non deixa de ser certo por menos que non saibamos o que vai depararnos o 2021 -algo sobre o que, ó ir transcorrendo os días, temos cada vez…

  • Da Mariña ó Courel

       Polas redes sociais chegoume un vídeo que me chamou a atención como para velo -teño ‘implantada’ a autorestrición de vídeos-. Ó velo en Ribadeo, estaba pensando nas semellanzas do transporte rural e vilego por estrada -e por ferrocarril- na Mariña: moita máis densidade de poboación, pero ó final, problemas máis semellantes do que parece.…

  • Nota de Prensa: SENTENZA TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

    Por Nuestro Faro Nota de Prensa SENTENZA TRIBUNAL CONSTITUCIONAL O día 20 de xaneiro tivemos coñecemento a través das redes sociais da sentenza do Tribunal Constitucional 134/2019, na que se declara inconstitucional o proxecto de urbanización da illa de Valdecañas, nun encoro da provincia de Cáceres. O proxecto, promovido pola Xunta de Estremadura e unha…

  • Somos os nosos maiores

       Cento e moitos. Os números báilanme aínda. En Vilalba, a residencia de anciáns de toda a vida é o hospital-asilo, coñecida como ‘O Hospital’. Sufriu unha hecatombe. Agora xa non sei se seguirá sendo coñecida así de aquí en diante. En Ribadeo, semanas despois, outra residencia, tamén hospital asilo, abondo máis pequena, achegouse a…