Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.267 posts
28 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O Ribadeo que queremos (do antigo blog)

    O Ribadeo que queremos/No English version Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser «pragmático»(*) O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter algún poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un…

  • O castro das Grobas (Vilaselán, Ribadeo)

    O Castro das Grobas é un emprazamento catalogado no Inventario da dirección Xeral do Patrimonio Cultural, afectado polo Catálogo de normas complementarias e subsidiarias de planemanto’ da Consellería de Cultura, co código de catalogación GA27051007. Neste castro un agricultor descubriu a célebre ‘Diadema de Ribadeo’, que posteriormente sería vendida en Madrid por unha onza de…

  • Unha clasificación da ría de Ribadeo (2ª de hoxe)

    Atención. Remata de facerse pública unha clasificación de pureza de zonas de marisqueo. aínda con toda a carga de consideracións que pode levar, a ría está encadrada en tipo ‘B’, é dicir, moluscos que deben pasar pola depuradora antes de ser consumidos. Non é grave, pero coido que non está previsto que ninguén vixie o…

  • Giovinezza (mocidade)

    Hai xa máis de 30 anos que unha persoa me informou da existencia dunha canción (que eu lembraba como ‘giovenezza’ ou ‘giovanezza’, pero que ó ir a consultar ó dicionario resultou ser como o título), cantada alomenos pola sección feminina da falanxe, e de orixe a Italia mussoliniana. Ven a conto o dato por ver…

  • Castro balbinense no centro histórico de Ribadeo

        Poucos días despois de dar nota dunha obra veciña á oficina de turismo, na ex-horta de Boado, entérome de que é: a reprodución dun castro. E lévome unha sorpresa, non polo onde, por estarse a facer nun sitio no que se descoñece a existencia de castro previo, nin polo como, pois o presunto castro…

  • Festa!

    Hoxe escoitei o himno galego e o que supoño o bretón diante da casa do Concello. Parece que xa estamos irmanados, en plena festa de Nosa Señora do Campo, que aínda me enterei hai pouco que non é en realidade a patroa de Ribadeo, pero fai as veces. En día de tanta enxundia, paso das…

  • Mapas da ría de Ribadeo

        Pasei pola exposición de mapas da ría de Ribadeo organizada por Evaristo Lombardero. Alí poden ollarse reproduccións de planos, cartas mariñas, mapas, -antigos e outros máis recentes- portando todos o nome da ría de Ribadeo. Neles tamén se pode observar unha volta o de ‘del Eo’ e outra, empregando o ‘do’. Trátase dun mapa…

  • Disculpas (…2ª de hoxe)

    Ás veces, as cousas pequenas chaman máis a atención que as grandes, polo que significan máis que polo que son en realidade. Por exemplo, na prensa de hoxe pode leerse que (por primeira volta que eu teña nova en toda España) os organizadores dun festival pediron disculpas ós veciños polas molestias, especialmente polo ruído. Claro…

  • Pregón

    As festas xa están aquím polo menos foron pregoadas pola posta de atracións no parque e polo pregoeiro oficial. Nembargantes, en certo xeito, as festas xa pasaron, e o que se achega son un remedo algo máis para o s do pobo, qu enon pode competir coa afluencia de xente do verán. Tampouco é de…

  • Achéganse as patronais. O fondo continúa.

    Achéganse as patronais, pero Ribadeo é polémico en calquera momento. O día 9 váise asinar o irmanamento con Loctudy e iso vai facer que case 50 familias de Ribadeo acollan Loctudianos polas festas. Ben, eso é a clac, como dirían fai medio século, a xente que aplaudirá no medio dun pequeno desastre de relación interna:…