Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo

    é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…

  • A casa da xuventude, por fin

    Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…

  • Procesións e fauna: o artigo

       Poño a continuación o artigo publicado en A Mariña/El Progreso o 24/04/97:      Procesións e fauna    Cando se fala de fauna en relación a algunha actividade humana, considérase ás persoas nun sentido despectivo. Non é o caso que pretendo, senón máis ben clasificar a masa que intervén nas celebracións da Semana Santa.…

  • Guillermo Schulz

    A conto da exposición de Guillermo Schulz en Ribadeo, o tríptico da mesma:

  • Longo día, longa noite: crónica dende a noite

    Tamén en inverno pódese dar o caso dun longo día a máis dunha longa noite. Invertindo os termos por estar máis achegado no tempo, a longa noite manifesta ás claras aquelo de que non tódalas noites son iguais, nin toda noite igual a si mesma. Hai un cacho, foi a música de enfronte a que…

  • Ribadeo, sen luz

    Onte quedou Ribadeo sen luz. Dependendo das zonas, máis ou menos, arredor de 3/4 de hora / 50 minutos. É dicir, nin os 35 minutos de Begasa para todos nin tampouco para todos o máis dunha hora do concello que di nalgunhas zonas. Eso si, con varias intentonas de volta de luz que teran fastidiado…

  • Necesidade de tradutores en Ribadeo, Castropol e en xeral, a Ría de Ribadeo

    A este paso, vai ser necesaria unha lexión de tradudores. Véxase un párrafo nunha nova de hoxe: “Puesta en valor de recursos de la ría del encuentro en el Camino Norte de Santiago“.Procurade un mapa e nel, a ría do encontro; na ría, os recursos postos en valor, e logo, mirade a porcentaxe da ría…

  • De aplicación en Ribadeo

    Traduzo unha cita de Le Monde en El País, a conto da nova regulación de produtos químicos en Europa: ‘co regulamento Reach deséñase o novo modelo económico sobre o que Europa debe basarse: unha industria e unhas actividades que respecten, por principio, o medio ambiente e a saúde’. Naturalmente, ó poñer o título, estou pensando…

  • Un domingo distendido

    Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de…

  • Privatizando Ribadeo

    Hoxe, dando una volta por algún sitio polo que xa facía tempo que non pasaba, ocorreuseme que estou de acordo co alcalde en que este goberno pasará á historia. Pero non o fará polos monumentos estilo fonte, cocos ou Marqués, tampouco polos retrasos acumulados en cirunvalación, autovía ou polígono industrial. Nin pola construcción dun novo…