-
Prolongando a entrada do día de reis
1.’Os muros separan máis que protexen’: non sei se de xeito histórico os muros comezaron sendo unha protección ou unha separación, porque a concepción de muro actual coido que non se corresponde coa dos habitantes dos castros, por exemplo, e ou moito me equivoco ou daquela estaban feitos para ganar tempo e previr un ataque…
-
Privatizator, barras sen estrelas en Ribadeo
Privatizator (ler ‘privatizéitor’): Neoloxismo. Individuo ou entidade adicada á privatización. Traducible ó galego e ó castelán por ‘privatizador/privatizadora’. Como ilustración, as fotos acompañadas dunha cita, ‘Os muros separan máis que protexen’ (Thierry Paquot, ‘Los muros del miedo’, Le Monde Diplomatique, ed. española,) e dun post anterior, ‘Privatizando Ribadeo’ Ó fin, os reis magos si que…
-
Un artigo de F.Campos sobre urbanismo e Ribadeo (2ª de hoxe)
Hoxe vin un artigo na prensa, pouco despois ó autor, e díxenlle de publicalo no blog… aquí está, publicado hoxe na Mariña,e visible clicando sobre el. Visto no propio ordenador, descargado, pódese poñer a un tamaño doble do orixinal sen perda. é diferente ó que soe aparecer polo blog.
-
Toca tocar (… e aproveitar para escoitar)
Hoxe, ás 20:30, no Hernán Naval de Ribadeo toca a banda. Será unha oportunidade para comezar o ano cun vals mexicano. E aínda que parece que non se van materializar tódalas sorpresas que estaban preparadas, xa sona así só algo sorprendente: un agasallo de reis para o público ribadense. Cambiando de tercio, a vivenda é…
-
Quen perde de a noite,perde o día
O dito non aclara que pasa coa xente á que lle fan perder a noite e a mañá seguinte. Polo sistema de proporcionalidade, non se recuperarían ata que pasaran dous días. E eso foi o que me pasou a min entre a noite e a mañá de onte, co que saldarei contas a finais do…
-
Dende Ribadeo, 2007
Coa pretensión inicial de poñer só unhas letras de comezos de ano, dou unha información pouco novedosa. Chove, pero a choiva intermitente non impide que establecementos que tiñan que estar pechados ás 3:30 sigan en plena efervescencia dúa horas despois (caso Alén ou Recuncho), o mesmo que os que tiñan que estar sen música ás…
-
Felicitación de Nadal para Ribadeo
Coido que a felicitación que o alcalde enviou para O Tesón é para todos os asociados, e por extensión, para todos os ribadenses, por eso vai adxunta. Resulta raro que sexa bilingüe, cun desexo en galego e unha desiderata traducida do inglés ó castelán. Desiderata que ademáis atopei un pouco rara e esotérica e por…
-
2006, balance dun ano de ruído en Ribadeo
1.Os ruídos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo e en canto ó ruído, foi un ano neutro: nin se pode dicir que aumentara substancialmente nin moito menos que diminuíra o ruído nouturno en relación ó pasado ano, manténdose este cuatrienio básicamente ó mesmo nivel de intensidade, pero aumentando o número de días afectados…
-
Unha charla sobre arqueoloxía en Ribadeo
Adxunto a nota de prensa enviada polo Tesón, xunto coas fotos referidas nela (o conferenciante en pleno traballo e unha das pezas recobradas no castro de Zoñán) e unha foto aérea de Miguel tomada esta mesma semana sobre o castro das Grobas, unha volta desbrozado, en primicia: O venres 29, ás oito do serán, no…
-
Galiza 1 – Ecuador 1. (facendo país co fútbol). Pechando Mirasol (desfacendo país coa política)
Onte, unha delegación de ribadenses desprazámonos ata A Coruña para ver o segundo partido da selección galega na nova época. Nova época porque parece que o primeiro partido foi aló polo 1922, e houbo abondos ata o 1939. Pero o importante do partido non era o fútbol, con xogadas boas e malas, entradas máis que…
