-
Visións dun mundo mellor co fondo do Ribadeo actual
Collo un retazo pequeno dun correo electrónico que me chegou onte: “Só son alguén que quere axudar a que o mundo (Galicia) sexa un pouco mellor se iso é posible :-)”. Corresponde a alguén con que teño trato dende hai máis de ous anos e que me te amosado que é boa persoa. Sei del…
-
O día despois
Aí van o par de fotos do día despois: a novo edificio xa ‘cáseque’ listo e habitable; se non habitable, co volume final. e o comezo das obras de humanización no mercado, dende dous puntos de vista parellos, un deles sen as luces do camión… Hai novidades nos blog de ribadeo. Aquí tedes algunha (hai…
-
O ruído do exterior como pretexto para pasar do de Ribadeo
Mentras en Ribadeo o pleno do luns segue a dar titulares, atopámonos conque o alcalde celebrou un pleno sorpresa a continuación do primeiro o mesmo luns, sen público e coa finalidade de adquirir os terreos de ERSA para un aparcamento a baixo prezo, recalificalos e construír, despois de procurar os correspondentes permisos en Santiago. Algo…
-
Titulares sobre Ribadeo
Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema: “Vacas pide ayuda al juez para derribar el…
-
Ribadeo, de obras
Xa comezan. De novo en obras, esta volta, para humanizar a rúa Doutor Moreda (rúa leste do mercado), con desprazamento de postos do mercado mercolediano. Haberá que sacar unhas fotos para comparar: testemuña viva polo momento. … despois das dúas entradas de onte, unha coa carga dun pleno, hoxe, unha curta.
-
Contrastes na prensa de hoxe (3ª)
“A enerxía máis limpa é a que non se consume (e a que menos costa)”. No novo ‘periódico económico de Galicia’, Nova+, ano 1, nº1, novembro 2006, en castelán (igual que o resto, exceptuados anuncios institucionais e entrevista a político), e como lema dun anuncio de Unión Fenosa… sinxelamente, chócame. Bo anuncio. Galicia vai estrear…
-
Unha cita, referida á actual corporación de Ribadeo
Sería de citar máis aprte do artigo que hoxe trae a Comarca, asinado por Víctor Moro e titulado ‘Contumacia’, no que novamente sae á palestra o nome da Ría de Ribadeo. Como é longo, e ademáis non pedín permiso para a súa reprodución (no é o primeiro de Víctor Moro no que penso nunha reprodución),…
-
Tres imaxes e un contraste: agora en Ribadeo
En poucos metros pódese ver un Ribadeo diferente. Depende da zona, orientación da mirada e interpretación do que se ve. Collamos unha zona: o xardín. Unha orientación: sur. A interpretación, vós mesmos… Dúas fan parexa: dúa vías, unha cortada dende hai case dous anos (coido que xa os cumpre, pero non estou seguro) e outra…
-
A voltas cos espazos naturais de Ribadeo (2ª de hoxe)
Aconsello ver unha ligazón para quen teña interese sobre o tema:http://www.siam-cma.org/lexislacion/norma.asp?idn=997&lang=. Non é nada do outro mundo, pero para ir abrindo o apetito.
-
A vida das formigas
Xa hai tempo que Maurice Maeterlink escribira ‘A vida das formigas’ e ‘A vida das abellas’, dúas fermosas descricións do desenvoltarse destes dous animais sociais. Ven a conto de que en ambos casos a sociabilidade e estabilidade das súas sociedades tense logrado a base de dúas cousas básicamente, un longo tempo de adapatación ós cambios…