-
Día gris
Mellor falar do tempo: día gris en Ribadeo o de onte, onde a néboa cortábase pola tarde ata parecer densa, o mesmo que sucede esta mañá… Onte Cristina Almeida nun acto para mulleres, hoxe a Ministra de Educación nun mítin (non nos centros escolares), veñen apoiar a ‘políticos locais’. Reflexiono por que veñen estes persoeiros,…
-
Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.
Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que…
-
A auga sen domar volve ó seu cauce
A noite de sábado a domingo houbo na zona de Remourelle arrastres de terras, na estrada reme Vilamar, desprendementos, na Ponte das Virtudes (As Cruces) inundacións, pero onte pola tarde xa todo ía cara ó seu rego. As fotos dan conta de cómo baixaba a esa hora o río Grande na Ponte das Virtudes, ou…
-
Un cuarto de hora de pleno
Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo. A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).…
-
Comeza a semana de reflexión
A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama ‘contraprograma’, é dicir, a crítica dos demáis ou propia,…
-
Chove, rosa de abril
-
Debate á vista en Ribadeo
Día o de hoxe abondo diferente, con choiva… Estánse a organizar algúns debates entre candidatos. Pois ben, a Voz de galicia pretende facer do de Ribadeo o debate final. Para min parece evidente de que é porque ten máis atractivo, como pon na noticia. Supoño que o tal debate será comedido, pois a tal altura…
-
Pero home, como pretende ter razón con só 800€ na súa conta corrente?
Era o ‘chiste’ de Forges en El País, p.16, do día 11. E dicíallo un home opulento sentado nun grande sillón a outro diminuído sentado nun sillón tamén diminuído respecto do anterior. Estamos en eleccións. E a situación debera cambiarse precisamente a trverso destes actos electorais. Pero parece ser que non chega. Por certo,onte decateime…
-
Un apoio para a liberdade en internet, no día de internet e día das letras galegas
Despois de apuntarme como usuario linux nun contador, atópome hoxe cunha entrada de Marsop que recomendo, ‘No al .doc‘ que pode resultar divertida e fai pensar sobre os formatos propietarios e o acoso das empresas ós formatos libres e ás ideas libres, en particular en campos como a creación literaria ou o sofware libre, estilo…
-
17 de maio, día das letras galegas adicado a María Mariño
