Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • As nosas citas de cada día, dánolas hoxe…

    Parafraseando ‘o noso pan de cada día, …’, ás veces parece tan necesario para a persoa atoparse con novas ideas (ou vellas ideas expresadas dun novo xeito) como comer. Aí van algunhas que me atopei hoxe, a persoa citada e a entrevista ou artigo: “Eu vexo que a tentación da política non é tanto mentir…

  • Confusión en Ribadeo

    E moita. E non se trata da confusión, noitre tras noite, que produce a música alta xa cando te deitas e despertar ás tantas da noite sabendo incumprimentos varios nos locais que coproducen a movida (no meu caso). Non, refírome a cousas como os cartos. Coinciden hoxe en titulares que a variante oeste leva un…

  • Ollando para Burela

    A nova de que en Burela está a constituírse unha asociación de pubs non causa sorpresa. Aquí xa funcionan a través da ACIA, se ben non é o mesmo. Tampouco é sorprendendente que queiran promocionar a noite: a extensión do negocio é algo que todo colectivo empresarial quere, buscando maximizar a ganancia. Cáusame algo máis…

  • Pero bueno…! ou virando chaquetas en Ribadeo

    Agora resulta que a costa en Ribadeo xa está protexida (o sr. alcalde dixit), cando, por poñr un exemplo, anda con dúas piscifactorías a voltas, e non na zona dos 500m que pensan permitir (ó que parece, se non é un dos ‘globos sonda’ que a política nacional consagrou no mandato pasado) senón na actual…

  • Construcción: cita contra a política e cita contra os convenios en Ribadeo… e xa van catro entrada hoxe

    “El feísmo urbanístico no lo hacen los constructores, sino quienes legislan”, verbas que hoxe un periódico lle atribúe a Xesús Irigoyen e que me costa creer que o dixera. É o presidente dos construtores en Ribadeo e a idea que teño del é que unha persoa dialogante e con ideas de fiar. Por eso, dicir…

  • O sentido de humanizar Ribadeo e o castro das Grobas

    Remato de ler un post que da outro sentido á palabra humanizar, un sentido máis humano do que se está a empregar en Ribadeo co tema das obras. E outro que fala de novo do camiño ó castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo, que non está de máis o saber para non esquecer a existencia dunha…

  • A segunda de hoxe, ‘a segunda na fronte’ …

    Remato de comprobar que a entrada anterior estaba ben e decateime de algo que non puxen o outro día: na foto que aparece na entrada do camiño en Ribadeo pódese apreciar que non só se está a abrir un garaxe no muro, senón que pola parte de abaixo, de xeito recente, tirouse máis muro…

  • Catro palabras en tono distendido entre dous días de traballo: Corolario de Antonio ó Principio de Peter

    “Para chegar ó máis alto hai que partir de algún lugar por riba do propio nivel de incompetencia”. e doado deducilo do chamado Principio de Peter, que saíu á luz xa hai uns vinte anos, que di máis ou menos: “Toda persoa sube dentro das organizacións ata o seu nivel de incompetencia”. dedúcese que se…

  • Manuel Rivas, as Pontes, medio ambiente…

    Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: ‘Si son mafias, a súa…

  • Un novo camiño que pasa tamén por Ribadeo

    Non me refiro á autovía: parece que agora o camiño de Santiago pasa pola rúa San Miguel, polo menos a efectos de subvencións. De cando o fixen a pé lembro cousas que chocan, pois voltouse un camiño moi acomodaticio. e non hai vez que saque o tema que un amigo me diga que lembra cando…