Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Música libre e ruído penado, en Ribadeo e en España.

    Acumúlanse as novas ás veces. Hoxe é un deses dias no que parece que hai que andar usando taquigrfía para coller as cousas ó vó. Comezaron onte, primeiro día da primavera e baixo un frío e un vento como non o houbo no inverno, a reforma no pavillón vello, de xeito que os vestuarios están…

  • Unha casualidade: 15 anos de xuízos posibles para Ribadeo

    Onte, por casualidade, entereime dunha lei de hai máis de 30 anos, é dicir, da época de Franco pero que rexe aínda, na que se da protección ós castelos e murallas (considerando falta grave perseguible ata quince anos despois da súa realización), o ataque a calquera destes bens. O ano pasado xurdiu en Ribadeo (e…

  • A perda de servizos en Ribadeo

    Todos sabemos que Ribadeo ten perdido servizos en favor doutras poboacións da Mariña ou aínda de Lugo. O caso do xulgado é só o máis coñecido, pero o carácter de extremo xeográfico ten levado á vila a outras perdas. No ámbito educativo, dende que o Instituto fóra hai máis de medio século un referente en…

  • Cultura e autovía

    Onte foi a representación de ‘O avaro’ de Molière no auditorio Hernán Naval. A adaptación e simplificación da obra ós tempos modernos non deixou mal sabor de boca e lembrou algús pasaxes e ideas ó público. Un só exemplo, cando se compara a falta de distinción do amor, pero tamén dos cartos, na elección das…

  • Fotos, una segunda de hoxe cun artigo de hai varios anos na ‘Mariña’

    … cabe lembrar que as imaxes, facendo clic sobre elas, en xeral aparecen máis grandes, e hai veces que aínda se poden agrandar máis. Tamén cabe lembrar a licenza Creative Commons do que poño neste blog (ver abaixo)

  • Unha (ou catro) chamadas de atención

    As fotos dan moito de si. As de hoxe son 4(+1) de Ribadeo para chamar a atención (e a unha para plantear unha visión diferente). A Primeira, igual que as outras, unha denuncia xa coñecida: o lixo e a separación, o do cacareado ‘burriño ecolóxico’, non sei de onde se sacou ou como houbo que…

  • Outro blog para comparar

    Falaba onte cun amigo dos blog de Ribadeo. Estabamos que, a parte de O Cargadoiro, Lonxe do Mar e este, non coñeciamos máis de funcionamento máis ou menos continuado con base en Ribadeo e que trataran cousas de Ribadeo, cada un no seu diferente xeito (hai outros, como por exemplo de base tecnolóxica, ou mesmo…

  • Un artigo vello para reflexionar sobre Ribadeo: ‘O que é o mundo’ (2ª de hoxe)

       Despois de reflexionar un pouco sobre o pleno de onte na corporación de Ribadeo referido na entrada anterior, e aínda a falta de máis información sobre a parte do pleno na que non estiven, relein un artigo que parece ter pouco que ver con el. Nembargantes, unha volta leido, xa non penso igual. Por…

  • Pleno o pleno de Ribadeo

       Mágoa, alongouse de máis e tiven que marchar. Foi curioso ver a un público que non se achega por alí normalmente, de tódalas tendencias, pero de xeito preferente PP, achegarse a un pleno inusual. Nel faltaban candidatos ás eleccións xa nomeados.    Non foi curioso porque o goberno estivera en minoría (a orde do…