Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O Beza pasou por Ribadeo

        Pasou o pequeno susto do encalle do Beza fronte á confraría de pescadores, recheo vello. Agora, unha vez levado a porto coa axuda dun remolcador, tocará analizar se se poden facer as cousas mellor, ou poñer máis medios, ou facer o porto exterior, ou… esperemos que non se convirta en loita política, que xa…

  • “Obeso” está preto de “Ria de Ribambo” e ambos en Ribadeo

        Mentras un barco está encallado na ría (ver noticia na Voz de Galicia, preto do recheo dos noventa, un pouco de gargalladas para suavizar, coa páxina de google maps como fondo e como imaxe final, a da ría sen a Liñeira e cos nomes mencionados no título.     Do encalle, só dúas fotos do…

  • Máis obras en Ribadeo

    Xusto detrás da Semana santa, para non incomodar ós visitantes, comezan as obras no Cantón. Desmontando pedra pedra o muro de separación do parque coa rúa, como se ve nas fotos. Máis adiante, ó longo do día, foi posta unha verxa de separación. Cando as fotos, aínda non estaba. Mentras, e para non variar, nova…

  • De novo, Ribadeo para os ribadenses

    Hoxe remata oficialmente a Semana Santa, e onte xa comezou a marcharse xente, a evacuar un Ribadeo pleno ‘ata a bandeira’, no que se pode aplicar o título da nova da Voz de hoxe: Carteristas, protestas por ruido y un coche de bebé quemado. O do coche do bebé, ¿?. O dos carteristas, de actuación…

  • Novas en Ribadeo nun día sen novas en España

    Hoxe parece ser que non hai periódicos, do mesmo xeito que no día de Nadal, por exemplo. Nembargantes, hai novas, pequenas ou grandes, pero hainas. As que poño hoxe son se base gráfica. E non son tan novas,pero si no blog e coido que nos medios se apareceron, foi a medias. A primeira e segunda…

  • Ribadeo, procesión do Santo Encontro 2007

    Deixo unhas fotos da procesión do encontro que remata de pasar. Veume a cabeza que Xesús tan pronto estaba rodeado de multitudes como só, cando vin ó cura acompañado na procesión por un dos membros da organización (logo non só; os que ían na procesión coido que van noutra calidade diferente e polo tanto non…

  • Hoxe en (A Coruña, mañá en) Ribadeo

    Realmente non sabía moi ben como enfocar a entrada de hoxe. Un correo de Mariano abriume o camiño: El Ayuntamiento ya no dará más licencias para ‘pubs’ en el Orzán. é dicir, as zonas acústicamente saturadas vánse achegando a Ribadeo, onde están pedidas dende hai case un ano, pero onde seguen a campar polos seus…

  • Unha nova Semana Santa en Ribadeo

    Pódese apreciar polas imaxes dous contrapuntos da Semana Santa. Nun caso, a relixión, que a traverso do seu programa pretende unha celebración dese tipo, de tradición relixiosa. Por outro, os pícaros xogando nunha manifestación de asueto que moitas persoas coñecen por “Semana Santa”. Dúas concepcións diferentes para un mesmo tempo (se non as leíches, mira…

  • Programas das candidaturas á Corporación de Ribadeo

    Só unhas verbas polo momento. Citei hai tempo que os partidos políticos rematarían meténdose en internet para as eleccións, mesmo locais. algo que por agora non se cumpre, pero que está propiciando interesantes iniciativas como unha páxina en internet en formato wiki onde ir colgando as promesas dos candidatos. Pois aquí espero ir tamén colgando…

  • Detalles no Via Crucis de Ribadeo: mea culpa

    Despois do pregón, podería dicir que me gustou, pero non é esa a intención dun via crucis nin a miña ó ir. Polo tanto, omito esa parte. Teño que dicir que ía titular a entrada como ‘Vía Crucis ou calamares fritos?’, pero optei por non facelo para evitar malas interpretacións. O caso é que ó…