Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Asimetrías

    Eso é o que quedo pensando cando vexo o do irmanamento de Lugo con China. Dunha cidade non moi grande co país máis poboado do mundo. A conta dunha muralla que me gusta moito, pero de 3km con outra de 1000km. E véñenme á mente outras asimetrías das que me decatei nas últimas horas. Un…

  • Iesrir, iniciativas de estudo en prol da ría e Ribadeo

    Só unha pequena idea que poidera madurar e dar froito a medio prazo: Vendo como noutros lugares se desenvolven entidades como os institutos de estudos (Instituto de estudos Miñoranos no val Miñor, IESCHA, Instituto de Estudos da Chaira, etc) que van recopilando e sacando a luz información diversa sobre as zonas correspondentes, por que non…

  • Voume queixar

    Parece que ó alcalde vanlle as películas, e remachando, volve para casa con ‘Os mortos van ás présas’, despois que no mandato pasado o alcalde se quedara sen ela. Personalizar neste caso é moito, porque suponse que o alcalde (este ou o pasado) pouco tiveron que ver na prosecución ou non da rodaxe. E está…

  • Que bonitiño que é ou ‘as Reservas da Biosfera saen gratis’

    Recopilemos: unha zona que inclúe a ría de Ribadeo, e que se extende por Asturias e Lugo foi declarada Reserva da Biosfera. Con ela, o terceira parte da provincia de Lugo é Reserva da Biosfera. Por se alguén se facía ilusións (algún alcalde querendo capitalizar o tema, pro exemplo), ven a conselleira asturiana correspondente e…

  • 100 días, tres colchóns e un tiburón

    100 non é un número máxico nin nada diso. Só, na simboloxía empregada no sistema decimal, un número redondo. Número que por esa redondez se emprega por referencia para a deferencia de deixar gobernar ós novos gobernos sen molestar demasiado, para ver que son capaces de facer. Pois ese número de días xa pasou para…

  • Ribadeo e a teoría liberal ou por que hai tantos BMW en Ribadeo

    A conto dos comentarios deixados na entrada anterior (Capacidades e limitacións) e dunha lectura recente sobre economía, sae este comentario: se se poden facer trampas e son rendibles, rematan por facerse. Xuntemos a eso as posibilidades de facelas, que varían en función do posto na sociedade de cada quen, a liviedade da esixencia no cumprimento…

  • Selectividade e gobernabilidade

    Unha cousa sinxela, collendo só un par de parágrafos relacionados coa gobernabilidade e as ideas de algunha xente. Ambas citas saíron en historia e filosofía na selectividade en setembro (os textos da selectividade para cometnar soen non ter desperdicio, sexan de lingua, lengua, idoma extranxeiro, historia ou filosofía). A súa autoría ten unha media de…

  • Recortes de política e outras cousas que inflúen en Ribadeo

    Anteonte, no pleno, houbo alguén (non estou fixo)que lamentou o saber quen era a persoa elixida para o posto de secretaria do alcalde. eso, despois de que outro preguntara sobre quen tiña en mente o alcalde para tal posto. En principio, non quedaba claro se o lamentaba por ser idónea e el estar en contra…

  • Un escrito curioso

    Só unha cita

  • Esperanzas

    É de esperar que a construción de vivendas non siga indefinidamente: nin a terra (espazo físico) nin a Terra (o equilibrio do planeta) dan para máis a partires dun certo momento. Antes de que cheguen esas imposibilidades, está xa aquí o parón que representa a economía para aminorar a marcha esta tempada: quedaron pisos sen…