-
Pleno ó 13 (primeira parte)
Xa aviso: é unha primeira parte. O pleno de onte foi longo e requerirá alomenos doutra entrada. 11 puntos entre os que se atopaban os orzamentos do 2007 deron abondo xogo, e seguían cando abandonei camiño das 11. Foi un pleno sen crispación, moderado, pero no que se deu a circunstancia do…
-
Sen cidadáns na rúa non hai revolución. Con eles pódese cambiar o curso da historia
A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como ‘profesional’. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós…
-
Novas internas
Hoxe as novas teñen para min certo aire de ‘internas’. Unha delas, o paseo organizado polo Tesón ó Castro das Grobas, xa ten post. Outra é a da presentación da Feira da Ciencia deste ano, segunda parte, que terá lugar o 14 e o 15 deste mes, e que corresponde á seguinte nota de prensa:…
-
O pan e a vivenda
Guerra de prezos. Ese é un titular de hoxe. O artigo básico de alimentación ten prezo variable en cada establecemento. O que non sei é se as normas sobre peso (cantidade) e especificacións (calidade) seguen a ser comúns. Básico para alimentarse, pode ser tamén base da picaresca. Deso, da picaresca, non trata nada o xornal,…
-
Pancho Maseda
Morreu Pancho Maseda. Para min, ,a nova máis importante de onte en Ribadeo porque significa pasar unha folla da historia, se considere como se considere ó persoeiro e á persoa. Como dixen onte na radio, pouco o coñecía a pesar de ter mantido aínda algunha charla de tipo filosófico-medioambiental algunha vez que pasei pagar…
-
A proliferación de portos deportivos é un perigo para o litoral
A frase está extraída dun artigo sobre a destrucción do litoral. Por aquí parece que aínda nosa topamos a un nivel abondo inferior ó do Mediterráneo, cunha media en valencia de 10 cada 100km de costa. Cabe pensar que, de calquera xeito, non poden contar os quilómetros de costa aquí, que da unhas cantas voltas,…
-
Sobre dereitos e intimidade na era electrónica
Coido que debo poñer unha ligazón a unha reseña (que leva logo a un artigo enteiro se se quere) sobre incongruencias que se están a permitir pola sociedade, ó pasar dos dereitos propios, que se dilapidan como os herdeiros dilapidan ás veces o capital gañado con moito traballo polos seus antecesores. O que me leva…
-
Novidades en Ribadeo
Se nos fiamos da prensa, poucas novidades hai estes días en Ribadeo. A máis reseñable, a creación dun club de motos, o motoclub Alcorte. As outras, por exemplo a potenciación do Vello Pancho, non son novidade porque non presentan nada novo. Teriamos que ir ás novas de Mondoñedo, por exemplo, co seu congreso de escritores…
-
A miña intervención na presentación do libro ‘Estudio sobre toponomía en Ribadeo’
3/11/2007 – Presentación ‘Estudio sobre toponimia de Ribadeo’ Grazas a todos e a todas por estar hoxe aquí neste acto de presentación ó que dou comezo. Teño que dicir que incentivou o meu orgullo que José Mª contase comigo para a presentación dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa…
-
Un novo contubernio xudeo-masónico?
Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como ‘Pichi’. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar ‘crítica política’, por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non…
