Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Para hoxe

    Hoxe está prevista, na praza da música, a eso das 8 da tarde, a actuación dos rapaces e rapazas do campamento musical. Continuarán asemade as probas da semana náutica. Por outra banda, parece que dous días despois de ser posto en marcha, xa hai protestas de veciños e do concello de Barreiros en relación ó…

  • Visións de Ribadeo cara fóra

    As veces, un sáese das rutas habituais e pode comparar con cousas novas. Se alguén quere empregar un paseo en algo un pouco diferente do habitual, pode chegarse ata san Miguel en marea baixa e mirar as novas zapatas da ponte. Verá que non chegan todas á mesma altura, senón que teñen a mesma altura…

  • Parece contraditorio

    Pareceo. Hai novas periódicas sobre o día da bicicleta, pero non vin desenvolverse por aquí pistas para bicis. Periodicamente lanzo a idea, e parece que terei que seguir facéndoo, para ter vias para bicis en Ribadeo. É un pobo que é chan na zona urbana (na maioría da actual) e na parte máis poboada da…

  • Brazoturismo

    Despois das marchas cicloturistas, o seguinte paso é o que está a dar o Altruán, clube de piragüismo de Ribadeo, programando a travesía dende a punta de aló de Barreiros ata Ribadeo en piragua, é dicir, a brazo partido. É o segundo ano e, de estar en forma, non debe ser mala idea para facer…

  • Fracasa de novo, fracasa mellor

    O título é unha frase atribuída a Samuel Beckett por Michael Ignatieff. Despois de re-ver onte a construcción da zona de Barreiros, espero que a frase sexa o límite malo da resposta a dar á construcción en Ribadeo. O que non entendo ben (e me parece evidente que non debera ser así) é que os…

  • Campamentos musicais

    Etérome onte e confirmo hoxe que no concello de Ribadeo nestes momentos están a coincidir dous campamentosmusicais: un, de Amadores, no CP Gregorio Sanz, e outro no campamento de A Devesa, non sei de propiciado pola Xunta (hai outro campamento alí mesmo con rapacería portuguesa e galega, nunha experiencia intercultural que din, con fondos ).…

  • Algo diferente

    Atopámonos hoxe na prensa con que o alcalde manda investigar se dous socorristas foron ó bar en hoario de salvamento. Ó mellor é porque non saiu na prensa, pero coido que é a primeira vez en tempo que vexo que algo desto pasa en Ribadeo. E refírome a que se tente un mínimo control, non…

  • Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal

    O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo…

  • Mirando un pouco máis aló

    Non hai moito saiu medio tapada a nova de que Acuinor, despois de saír na prensa o contrario, non ía recorrer contra o decreto que din que lles impide a viabilidade da piscifactoría. Hoxe é Pontevedra a que xera unha nova: “Qué razóns pode aducir o Goberno para non actuar contra Ence?”. A pregunta podería…

  • Alguén sabe a que se refire o titular que poño?

    O titular é: ¿Por qué interesa tener banda ancha en las zonas rurales? (El País digital, hoxe). E eu pregúntome: As zonas rurais teñen habitantes con razas diferentes respecto ás urbanas ou algo así? Se a resposta fora afirmativa, aínda quedaría a explicación de racismo para o titular. Como coido que non é así, non…