Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Notas de prensa do concello

    Como non costa moito cargalas, e por fin mas envían, aí van varias notas de prensa do concello: HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PEÓNS EN RIBADEO. Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de peóns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando…

  • Feísmo?

    Quen dí feísmo? se nos habituamos a ver de contínuo cousas feas, seremos inmunes, sería como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. Aínda nalgús casos, guapas, belas. Algo deso está xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas…

  • Pleno no Concello de Ribadeo

    14/07/2008, 20:00h Todos os concelleiros presentes. No punto 2º tratouse da revisión de diversas facturas, habendo preguntas polos 750€ de custe de envío do boletín ‘ribadeo Muller’, os 6175€ de reproducción de Ribadeo virtual (do que se parou a publicación de vistas virtuais na prensa por queixas da oposición, se mal non lembro, e que…

  • Dunha semana a outra

    Rematou onte a semana coa interpretación do concerto da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares para dar remate coa entrega de galardóns o I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval. A falta de Suso, tivo unha presentadora substituta de excepción: M. Luz Álvarez, concellala de cultura. Gostariame conseguir as verbas da…

  • Sobre a Asamblea de O Tesón celebrada onte (e 4ª entrada de hoxe)

    Nota de Prensa da Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños ‘O Tesón’ 12/07/2008, Casa do Mar, 12:30h Unha volta concluída a asamblea, cabe referir os seguintes puntos sobre a mesma: Aprobouse por unanimidade o acta anterior. Pasouse posteriormente a dar referencia das actividadas da asociación, das que, facendo unha escolma, pódense citar: As diversas…

  • Nota de prensa: Non á nave en Mirasol

    Unha sinatura cada vinte segundos Ise foi aproximadamente o resultado (case 450 sinaturas en dúas horas e media) da recollida de sinaturas contra a construcción dunha nave dae grandes dimensións sobre a ría de Ribadeo efectuada hoxe por membros da AVV O Tesón e da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. A mesa de…

  • Axenda: asinar e música

    Domingo. Sinatura contra a construcción da nave da ría pola mañá. Concerto final do I Certame de intérpretes mozos Hernán naval pola tarde.

  • De políticos e veciños

    Comecemos polos veciños: O Tesón celebra hoxe a súa Asamblea anual extraordinaria: E os alcaldes da Reserva da Biosfera celebraron onte unha xuntanza. Na foto da Voz de Galicia véseos cos dous conselleiros dispostos a gastarse o millón de euros que din que van a ter que gastar antes de fin de ano: para eso…

  • A todo tren

    Pode que a falta relativa de nova no verán impulse outro tipo de noticias menores. Así está de novo tanto onte como hoxe na prensa que Ribadeo subvenciona a viaxe de ata 300 xubilados á Feira de mostras do Noroeste no Ferrol. Está ben subvencionar o tren: é máis ecolóxico. En troques, o xeito de…

  • De movida

    Hoxe é a primeira nova dun xornal en internet sobre Ribadeo: un novo servicio de noitebús, esta volta, entre Ribadeo e Navia. Galicia e Principado únense para promocionar a movida, mentras aínda está por chegar o día no que se unan para xestionar dun xeito mantible a ría de Ribadeo. Subscribo o comentario periodístico: “Xunta…